Pan de hamburguesa caseiro / Homemade burger bun

Pan de hamburguesa caseiro

pan hamburguesa

Outra das vantaxes de ter un blogue é que coa chegada do Nadal cae algún que outro agasalliño para poder facer novas receitas e ensinárvolas por aquí. Un dos agasallos foi un kit para facer hamburguesas na casa, tanto o pan coma o recheo. Xa vos adianto que con esta receita (que viña dentro do kit, aínda que algo cambiada por min) pódese facer tanto cos moldes coma sen eles, polo que non tedes que ter medo de intentalo. Así que…imos aló!

Ingredientes:

– 200 gramos de fariña de forza
– 5 gramos de fermento de panadeiro instantáneo (do seco)
– 1 culleradiña de sal
– 15 gramos de azucre
– 20 gramos de manteiga
– 45 ml de auga
– 25 ml de leite
– 1 ovo
– 1 culleradiña de ourego

Pan de hamburguesas paso a paso:

1. Mesturamos os ingredientes secos e maila manteiga (coas mans é a mellor maneira!)

pan hamburguesa

2. Engadimos o resto dos ingredientes e amasamos ben. Quedará unha masiña húmida, incluso un chisco pegañenta. Se se vos pega, untade as mans con aceite.

pan hamburguesa

3. Botade aceite na mesa ou na superficie onde o deixedes repousar, facede un boliño, tapádeo cun trapiño que non solte pelusa e deixámolo repousar durante 15 minutos.

pan hamburguesa

4. Facemos boliñas de 40 gramos para as mini hamburguesas e de 100 para as normais e deixamos en repouso outros 15 minutos. Se non tedes ningún molde, o mellor é poñelas sobre papel para forno, para que despois nos queden listas para enfornar.

pan hamburguesa

5. A continuación, esmagullamos as boliñas. O kit de hamburguesas xa levaba un esmagullador, pero podédelo facer cos dedos ou coa base du vaso.

pan hamburguesa

6. Agora toca deixar que a masa fermente, polo que a tapamos cun pano húmido e deixámola nun sitio sen correntes durante uns 60 ou 90 minutos.

pan hamburguesa

pan hamburguesa

7. Se tendes moldes, poñémolos sobre a grella a unha altura media-baixa (por exemplo, se o forno ten 4 alturas, poñemos os pans na segunda comezando por abaixo) a 200º durante uns 15 minutos e se non o facedes con molde, será o mesmo, máis poñemos a masa na bandexa.

pan hamburguesa

8. Sacamos a grella ou a bandexa, e deixamos que arrefrien 5 minutos, despois sacámolos e poñémolos sobre a grella ata que estean totalmente fríos. E listo!

pan hamburguesa

Xa temos os nosos pans de hamburguesa listos! Na seguinte receita, dareivos unha idea para poñer no medio do pan (a que se ve na imaxe de arriba), unha receita moi sinxela e saborosa. Máis con estes pans, calquera recheo está ben bo, así que a poñerse coas mans na masa! 🙂

_________________________________________________

Homemade burger bun

pan hamburguesa

Another great advantage of having a blog is that when Christmas come, there is always some present I can use to make a new recipe, and so explain it to you. One of these presents is a kit to make burgers, both the bread and the burger. I used the recipe the burger kit brought with it, changing it a bit, and the step by step is very easy to follow and you can still prepare these burger buns, even though you don’t have this burger kit. So, let’s go!

Ingredients:

– 200 gr strong wheat flour
– 5 gr dry yeast
– 1 tsp salt
– 15 gr sugar
– 20 gr butter
– 45 ml water
– 25 ml milk
– 1 egg
– 1 tsp oregano

Burger buns step by step:

1. Mix the dry ingredients and the butter (hands on is much better!)

pan hamburguesa

2. Add the rest of the ingredients and knead until all integrated. The dough will be humid and somehow sticky. If it is too sticky, you can spread some oil all around the dough.

pan hamburguesa

3. Pour some oil over the table or the surface you will leave the dough on, form a dough ball, cover it with a cloth and let it settle for 15 minutes.

pan hamburguesa

4. Form little balls of 40 grams for the mini burgers and of 100 grams for the usual size burgers and let them settle for 15 minutes more. If you don’t have any mould, you can put the dough balls over a baking sheet, and then you will have them ready to bake.

pan hamburguesa

5. Then, smash the balls. The burger kit has a utensil to smash them, but you can do it with your fingers or with the base of a glass.

pan hamburguesa

6. Cover the dough with a wet cloth and let it leaven for 60 or 90 minutes in a place where we have no draughts of air.

pan hamburguesa

pan hamburguesa

7. If you have moulds, bake the buns over the wire rack, if this is not the case, do it over the baking tray. In both cases, bake them at 200°C/400°C for around 15 minutes. Place the rack or the tray in the middle of the oven.

pan hamburguesa

8. Take out the rack or tray, and leave to cool for 5 minutes. Then, remove the buns and place them over the rack, allowing to cool completely. And that’s it!

pan hamburguesa

And there we have our burger buns ready to eat! In the next recipe, I will explain you how to prepare a really yummy burger (the one you see in the picture on top), and the recipe is very easy and tasty. Well, actually, with these buns, every burger will be extra delicious, so get ready to prepare them and repeat, and repeat… 🙂

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *