Flan de queixo / Caramel cheese flan

Flan de queixo de Bama

Flan queixo

Encántame o queixo de Bama! E isto non é novo para aqueles que ledes o blogue, a que non? E cando teño este queixo pola casa, non fago outra cousa que discurir receitas para facer con él! Como vos podedes imaxinar, non me dura nada 🙂 Se vos gusta o flan e o queixo, este flan encantaravos, o queixo dálle un toque moi suave ao flan e un sabor que recorda ás mellores tortas de queixo. E cando vexades o sinxelo que é, e os poucos ingredientes que precisamos, seguro que vos poñedes coas mans na masa! Imos aló! Continue reading “Flan de queixo / Caramel cheese flan”

Quiche de espinacas, queixo de cabra e touciño / Spinach, goat cheese and bacon quiche

Quiche de espinacas, queixo de cabra e touciño

quiche

Ás veces teño a sorte de que xente que me coñece me conte as súas receitas para que as poña no blogue. E esta receita chegou así, certo é que case sempre, por unha cousa ou por outra, remato cambiando algún ingrediente ou engadindo máis 🙂 Este quiche é moi moi moi saboroso, suave e sinxelísimo de facer! Iso sí, aproveitade para facelo cando teñades invitados ou se estades máis de dous na casa, porque para dous sobra un montón! Imos aló! Continue reading “Quiche de espinacas, queixo de cabra e touciño / Spinach, goat cheese and bacon quiche”

Napolitanas de chocolate / Pain au chocolat

Napolitanas de chocolate: receita rápida

napolitanas

Unha receita moi larpeira e ben rápida. Nuns 15 minutiños, teredes listas para meterlles o dente unhas saborosas napolitanas recheas de chocolate branco, negro, con leite…ou dos dous! E para iso, só precisamos 4 ingredientes. Imos aló! Continue reading “Napolitanas de chocolate / Pain au chocolat”

Hamburguesas de avea / Rolled oats burgers

Hamburguesas de avea

hamburguesa avea

Despois de probar a facer as albóndegas de avea, pensei que facer hamburguesas sería igual de sinxelo e saboroso, e a verdade é que si! Saen unhas hamburguesas moi suaves, nutritivas, saudables e boísimas. O procedemento é similar ao das albóndegas, só que desta vez facémoslle forma de hamburguesa e fritímolas. Imos aló! Continue reading “Hamburguesas de avea / Rolled oats burgers”

Crema de champiñóns / Mushrooms soup

Crema de champiñóns

crema champis

Con este frío o que máis nos apetece son sopas, cremas, cocido, caldo, filloas…mmm! Ás veces dá gusto que veña o frío 😀 E como da crema de cabaciña, da de cabaciña e mazá e da de cabaciño xa vos puxera a receita, decidín probar cos champiñóns, a ver como resultaba. A textura é diferente, porque queda con máis gromos, pero o sabor é moi agradable, intenso e delicioso. Imos aló! Continue reading “Crema de champiñóns / Mushrooms soup”

Hamburguesas de berenxena / Aubergine burgers

Hamburguesas de berenxena

hamburguesa berenxena

Despois do Nadal, convén coidar un pouco o menú, por iso de recuperar folgos para poder seguir tomando lambonadas 🙂 E estas hamburguesiñas de berenxena son moooi sinxelas e moooi saborosas! Se as facedes, xa vos digo que repetides seguro! Máis sinxelas non poden ser e os ingredientes xa vedes que poucos son, non levan ovo, son saudables…que? Xa vos convencín? Aínda non? Pois o mellor de todo es que están de medo!!! Imos aló! Continue reading “Hamburguesas de berenxena / Aubergine burgers”