Molete de pan integral / Whole wheat bread

Molete de pan integral

pan integral

Encántame facer pan! E mira que pensaba que a miña debilidade era facer lambonadas, pois resulta que cada vez que fago pan, quedo mirando cara o boliño de pan coma unha parva e non teño máis que ganas de meterlle o dente. Sigo probando e experimentado ata dar coa receita de pan perfecta. Desta vez, probei a facelo integral, e está moi saboroso!!! Imos aló!

Ingredientes:

– 250 gramos de fariña integral
– 250 gramos de fariña de forza
– 5 gramos de fermento de panadeiro instantáneo*
– 200 ml de auga
– 100 ml de leite
– 2 culleradiñas de sal

*Os sobres de marca Vahiné son de 4,6 gramos cada un, polo que un sobriño servirá

Preparación paso a paso:

1. Tamizamos as fariñas. Cando tamicemos a fariña integral, quedaranos o salvado no tamizador o coador, engadirémolo todo á fariña, agás 1 cullerada, que gardaremos.

pan integral

2. Mesturamos as fariñas co resto dos ingredientes e amasamos.

pan integral

3. Poñemos a masa nun bol tapada cun pano quente e deixamos que levede durante unha hora.

pan integral

4. Dámoslle a forma desexada á masa, botámoslle a cullerada de salvado por riba e deixamos que levede durante unha hora e media. Cando xa estea a masa a punto, poñemos o forno a quentar a 220°C e colocamos unha bandexa con auga no fondo do forno, para darlle humidade.

pan integral

5. Enfornamos durante uns 40 minutos con calor por arriba e por abaixo a 200°C e durante 10 minutos con calor só por abaixo. E listo!

pan integral

A min como máis me gusta este pan é torrado, cun pouco de manteiga e marmelada. Fará que queirades almorzar varias veces 😉 E que mellor que un pan saudable e caseiro? Se vos atrevedes, enviade as vosas fotos a kukinhas@kukinhas.com ou por twitter e facebook.

_____________________________________________________

Whoke wheat bread

pan integral

I love making bread! And I thought I was crazy about cooking sweet treats, but every time I make bread, I feel so proud about the result that I just wait and wait until it’s cold, and then I eat it right away! I keep on trying new ways of preparing it until I get the perfect recipe. This time, I tried a whole wheat version and it’s very tasty. Let’s go!

Ingredients:

– 250 gr whole wheat flour
– 250 gr hard wheat flour
– 5 gr instant yeast (baker’s yeast)*
– 200 ml water
– 100 ml milk
– 2 tsp salt

*Vahiné sachets are of 4,6 grams each, so 1 sachet will be perfect

Step by step preparation:

1. Sift the flours. When sifting the whole wheat one, keep 1 tablespoon of the bran for later.

pan integral

2. Mix the flours and the rest of the ingredients and knead until the dough is humid but non-sticky.

pan integral

3. Put the dough over a bowl, cover it with a warm cloth and let it rise for around one hour.

pan integral

4. Give form to the dough, sprinkle the brand we have kept and let it rise again for one hour and a half. When the dough is almost ready, pre-heat the oven at 220°C/425ºF and put a mould with some water at the bottom of the oven, for it to be more humid.

pan integral

5. Bake for 40 minutes with heat all around, and then 10 minutes more with heat only at the bottom. And that’s it!

pan integral

This bread will be even more perfect if you toast it a little bit, and then spread some butter and jam over it. I’m sure you will repeat 😉 And there’s nothing better than a homemade healthy bread! And if you try and prepare it, send your pics to kukinhas@kukinhas.com or facebook and twitter.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *