Turrón de chocolate branco / White chocolate turron

Turrón de chocolate branco

turron chocolate

Os que ledes o blogue, xa sabedes da miña devoción polo chocolate branco. Encántame! En canto fixen o turrón de chocolate caseiro, sabía que máis tarde ou máis cedo, caería unha receita de turrón de chocolate branco. De novo, unha receita moi rápida e sinxela. Desta vez, ademáis do arroz inflado, engadinlle tamén uns pistachos. E se vos gustan, podedes engadirlle lacasitos, M&Ms, galletas ou outros froitos secos. Imos aló!

Ingredientes:

turron chocolate

– 300 gramos de chocolate branco*
– 40 gramos de manteiga de porco
– 50 gramos de arroz inflado sen chocolate
– 30 gramos de pistachos picados

*Eu empreguei Nestlé postres

Preparación paso a paso:

1. Derretemos o chocolate e maila manteiga no microondas e mesturamos co arroz inflado e os pistachos picados.

turron chocolate

turron chocolate

2. Botamos a mestura sobre o molde e deixamos arrefriar.

turron chocolate

3. Cando xa estea frío, tapámolo cun prástico transparente e metémolo na neveira. Despois só nos quedará desmoldar…e listo!

turron chocolate

Como me gustan estas receitas tan sinxelas e rápidas como saborosas, e ademáis, o ben que campan, non si? Eu este ano téñoo claro, os turróns de chocolate todos caseiros! E se devecedes polo chocolate coma min, seguro que faredes esta receita máis dunha vez. Agardo as vosas fotos! 😉

_____________________________________________________

White chocolate turron

turron chocolate

Those who usually read the blog already know I’m a huge fan of white chocolate. I love it! So as soon as I made the milk and dark chocolate one, I knew that, sooner or later, I would be doing the white chocolate turron. And again, a very simple and veeery quick recipe. This time, I added some pistachios as well. And if you or your kids like it, you can also add some M&Ms, Oreo cookies, nuts and fruits. Let’s go!

Ingredients:

turron chocolate

– 300 gr white chocolate*
– 40 gr pork lard
– 50 gr rice Krispies (without chocolate)
– 30 gr chopped pistachios

*I used Nestlé desserts white chocolate

Step by step preparation:

1. Melt the chocolate and the pork lard together in a cup in the microwave, and then add the rice Krispies and the pistachios and mix well.

turron chocolate

turron chocolate

2. Pour the chocolate mixture over the mould and allow to cool.

turron chocolate

3. When it’s cold, cover it with some plastic wrap and put it in the fridge. Then, just take it out of the mould…and that’s it!

turron chocolate

These are actually the recipes I love, quick and simple, but good looking and very tasty as well. What else can we ask, right? This year I won’t be buying any chocolate turron because I will be making them all at home. So if you love white chocolate just as I do, you’ll prepare it once, twice…and many more! I wait for your yummy pics! 😉

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *