Panna cotta de turrón / Turron panna cotta

Panna cotta de turrón

panna cotta turron

Cando chegan as paparotas do Nadal, o que menos precisamos é ter que empregar aínda máis tempo en preparar as lambonadas, por iso esta panna cotta de turrón é a sobremesa perfecta para noitevella! Leva un dos ingredientes máis típicos do Nadal, faise nun plis plas, pódese deixar feita do día anterior e está boííísima!!! E se non sodes de facer larpeiradas nesta época, sempre podedes facela para aproveitar ese turrón que acostuma a sobrar 😉 Imos aló! Continue reading “Panna cotta de turrón / Turron panna cotta”

Albóndegas de avea / Oats meatless meatballs

Albóndegas de avea

albóndegas avea

Xa sei o que estaredes pensando, albóndegas de avea?!? Iso pensei eu a primeira vez que mo dixeron, pero o certo é que unha vez que as probas, só tes gana de preparalas unha e outra vez. O bo que teñen é que se lle poden engadir verduriñas. Eu, desta vez, engadinlle cenoria e cabaciño. Ademáis, son moi moi moi doadas de facer, e moi rápidas, polo que vos poderán sacar dun apuriño cando non teñades moito tempo para cociñar. E se todo isto fora pouco, o mellor é que son moi saudables. Imos aló! Continue reading “Albóndegas de avea / Oats meatless meatballs”

Torta de queixo de Nova York / New York Cheesecake

Torta de queixo de Nova York

Portada torta queixo

Esta receita de torta de queixo ao forno saqueina do libro de receitas de Hummingbird Bakery, é unha receita moi sinxela de facer, de feito, o único problema que ten é que precisamos dun chisco de tempo para preparala. Máis xa vedes que a pinta que ten é moi boa, non si? Se sodes dos que, coma min, vos gusta probar a torta de queixo nada máis sair do forno, con esta teredes que agardar ata o día seguinte, máis pagará a pena 🙂 Imos aló! Continue reading “Torta de queixo de Nova York / New York Cheesecake”

Molete de pan integral / Whole wheat bread

Molete de pan integral

pan integral

Encántame facer pan! E mira que pensaba que a miña debilidade era facer lambonadas, pois resulta que cada vez que fago pan, quedo mirando cara o boliño de pan coma unha parva e non teño máis que ganas de meterlle o dente. Sigo probando e experimentado ata dar coa receita de pan perfecta. Desta vez, probei a facelo integral, e está moi saboroso!!! Imos aló! Continue reading “Molete de pan integral / Whole wheat bread”

Turrón de chocolate branco / White chocolate turron

Turrón de chocolate branco

turron chocolate

Os que ledes o blogue, xa sabedes da miña devoción polo chocolate branco. Encántame! En canto fixen o turrón de chocolate caseiro, sabía que máis tarde ou máis cedo, caería unha receita de turrón de chocolate branco. De novo, unha receita moi rápida e sinxela. Desta vez, ademáis do arroz inflado, engadinlle tamén uns pistachos. E se vos gustan, podedes engadirlle lacasitos, M&Ms, galletas ou outros froitos secos. Imos aló! Continue reading “Turrón de chocolate branco / White chocolate turron”

Turrón de chocolate caseiro / Homemade chocolate turron

Turrón de chocolate caseiro

Turron chocolate

En canto vexades o rápido e sinxelo que resulta facer o turrón de chocolate na casa e o bo que está, seguro que non o volvedes mercar! Nuns 10 minutiños e cuns ingredientes ben doados de atopar, teredes un turrón de chocolate ao que, ademáis, poderedes engadirlle outros ingredientes que vos gusten e facelo totalmente persoalizado! 🙂 Imos aló! Continue reading “Turrón de chocolate caseiro / Homemade chocolate turron”