Cadradiños de carne e chourizo / Chorizo and meat squares

Cadradiños de carne e chourizo

Portada Cadradiños

Ás veces, cando nos sobra carne, non sabemos moi ben que facer con ela, e o primeiro que se nos ocorre son…as croquetas! Se as facedes cadradas, coma neste caso, aínda vos levará menos tempo facelas, pois non teredes que andar empregando tempo en darlle a forma redonda. Imos aló!

Ingredientes:

– carne (nesta ocasión, eran uns anaquiños de redondo)
– 1 chourizo
– fariña e leite para a bechamel
– ovo, fariña e pan relado para empanar

Preparación paso a paso:

1. Cortamos a carne e o chourizo en anacos pequenos. (A min, se a carne xa esá feita, como neste caso, gústame máis cortala co coitelo, pois picada queda finiña de máis).

2. Fritimos a carne e o chourizo, e, cando xa estean a punto, engadimos a fariña. Fritimos outro pouco a fariña.

3. Engadimos o leite pouco a pouco (e o sal) ata que a masa se despegue con facilidade da tixola.

4. Botámola nun molde rectangular ou cadrado forrado con papel transparente e deixámola arrefriar.

5. Cando xa estea fría, dámoslle a volta coma se fose unha torta, e cortámola sobre unha madeira como cortamos o leite fritido, en cadradiños.

croquetas chourizo

6. Pasamos os cadradiños por fariña, ovo e pan relado, e fritimos ata que estean douradiños.

croquetas chourizo

croquetas chourizo

croquetas chourizo

croquetas chourizo

E listo!

croquetas chourizo

Ao ter esta forma cadrada, tardaredes moito menos en facelas, non teredes que pringarvos as mans para darlles forma, e cando as fritades, romperanse moito menos e faranse mellor por ámbolos dous lados. Xa vedes, todo vantaxes, así que a poñerse mans á obra! 😉 Ah! E o sabor é…mmmm…de vicio!!!

______________________________________________________

Chorizo and meat little squares

Portada Cadradiños

When we have some extra meat left from any other recipe we’ve made, we do not always know what to do with it. Croquettes are usually the best and quickest option, and if you do them like little squares, as I did this time, you will prepare it in less time, as you won’t be losing time giving them a round shape. Let’s go!

Ingredients:

– meat (I used some veal round)
– 1 chorizo
– flour and milk for the white sauce
– egg, flour and breadcrumbs for coating

Step by step preparation:

1. Chop the meat and the chorizo. (As this meat was already done, I like chopping it with the knife, instead of using the food processor).

2. Fry the meat and the chorizo and, when ready, add the flour, and fry a bit more.

3. Add the milk bit by bit (and some salt) until the dough can be easily taken out of the pan.

4. Pour it over a mould covered with some plastic wrap and allow to cool.

5. When cold, turn it over as if it was a cake, and cut it over a cutting board in little squares, as we do with fried milk.

croquetas chourizo

6. Coat each little square with flour, egg and breadcrumbs and fry until golden on both sides.

croquetas chourizo

croquetas chourizo

croquetas chourizo

croquetas chourizo

And that’s it!

croquetas chourizo

If you try this recipe, you won’t have to lose time by giving each croquette a round shape and you won’t get your hands dirty. When frying them, they break less than the round ones and they get crunchy and golden easily. As you can see, they’re all advantages, so get on with it! 😉 Oh! And the flavour is…delicious!!!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *