Torta de cabaza e Oreo / Oreo and pumpkin cake

Torta de cabaza e Oreo

torta de cabaza

O bo que ten ter un blogue de receitas é que cando calquera da familia fai unha receita, non dubida un momento en pasarcha para que a poñas no blogue. Así dá gusto, verdade? E así chegou esta receita. Saborosísima, sinxela e cunha pinta xenial.Non vos asustedes ao ver os ingredientes, xa veredes que doada e rápida de facer é. Imos aló!

Ingredientes:

– 25 galletas Oreo
– 75 gramos de manteiga
– 1 kg de cabaza
– 200 ml de leite condensado
– 2 ovos grandes batidos
– 150 gramos de azucre moreno
– 1 culleradiña de canela
– 1 chisco de sal
– 1/2 culleradiña de xenxibre
– 1/2 culleradiña de noz moscada

Preparación paso a paso:

1. Picamos as galletas Oreo, engadímoslle a manteiga desfeita e cubrimos o molde.

torta cabaza

torta cabaza

2. Cocemos a cabaza e, cando xa estea branda, escorrémola e pasámola polo pasapuré.

torta cabaza

3. Mesturámola co azucre e poñémola a cocer de novo durante uns 10 minutos para que quede cunha consistencia máis densa.

torta cabaza

torta cabaza

4. Mentres arrefría, mesturamos os ovos, o leite condensado, a canela, o sal, o xenxibre e a noz moscada.

torta cabaza

5. Mesturamos ámbalas dúas masas coa batedora e vertémolas no molde.

torta cabaza

6. Enfornamos a 225ºC durante 15 minutos e a 170ºC durante uns 40 minutos ou ata que un escarvadentes cravado no centro saia limpo. E listo!

torta cabaza

Agora só teremos que agardar a que arrefríe e desmoldala. O mellor para esta torta é facela nun molde de apertura lateral. Se non vos gustan moito as galletas Oreo, podedes probar con outras, ou simplemente prescindir delas, posto que a parte da cabaza está boísima! 🙂 Xa vedes que en 6 sinxelos pasos, xa temos unha torta de cabaza lista para lle meter o dente.

torta cabaza

Agardo que vos gustara e que me enviedes as vosas fotos!

____________________________________________________

Oreo and Pumpkin Cake

torta de cabaza

One of the best things about having a food blog is that everyone around you making recipes or trying new ones always thinks about you and sends you the recipe right away for you to post it on the blog. How lovely, isn’t it? And that how this recipe came! Super tasty, easy and quick! If you try it, you’re gonna love it. Let’s go!

Ingredients:

– 25 Oreo cookies
– 75 gr butter
– 1 kg pumpkin
– 200 ml condensed milk
– 2 big eggs, beaten
– 150 gr brown sugar
– 1 tsp cinnamon
– a pinch of salt
– 1/2 tsp powdered ginger
– 1/2 tsp nutmeg

Step by step preparation:

1. Blend Oreos in the blender, melt the butter, mix and cover the mould.

torta cabaza

torta cabaza

2. Boil the pumpkin and when soft, drain it and pass it through the food mill.

torta cabaza

3. Mix it with the sugar and boil again for around 10 minutes to get a thicker texture. Allow to cool.

torta cabaza

torta cabaza

4. Meanwhile, combine eggs, condensed milk, cinnamon, salt, ginger and nutmeg.

torta cabaza

5. Put both mixtures together, mix with a mixer and pour the batter over the cookies base.

torta cabaza

6. Bake at 225ºC/425ºF for 15 minutes and at 170ºC/350ºF for around 40 minutes or until a toothpick inserted in the center comes out clean. And that’s it!

torta cabaza

Now we just have to let it cool and then take it out of the mould. The best mould for this cake is a spring form cake. If you don’t like Oreo cookies, you can use any other cookies you like, or even make it without the cookie base, the pumpkin part will be delicious as well. 🙂 As you can see, in only 6 steps, you’ll get this incredibly tasty pumpkin pie! Easy, right?

torta cabaza

I hope you like it, prepare it and send me some pics!

2 thoughts on “Torta de cabaza e Oreo / Oreo and pumpkin cake

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *