Chuliñas de cabaza / Galician pumpkin fritters

Chuliñas de cabaza

chulas cabaza

Encántame a cabaza, e non só polo seu sabor, senón porque pódese facer unha chea de receitas con ela e todas están boísimas. Unha das máis típicas da nosa terra son as chuliñas. Para aqueles aos que non lles guste moito o sabor da cabaza, dicirvos que non se nota moito, e fai que as chulas queden moi esponxosas por dentro. Imos aló!

Ingredientes:

– 500 gramos de cabaza (xa sen pel)
– 3 ovos
– 150 gramos de fariña
– 1 sobre de fermento químico (16 gramos)
– azucre en po

Preparación paso a paso:

1. Cocemos a cabaza con pouca auga.

chulas cabaza

2. Cando estea brandiña, pasámola pola batedora e deixámola arrefriar.

chulas cabaza

3. Batemos os ovos e mesturamos co puré de cabaza.

chulas cabaza

4. Tamizamos a fariña en engadímola xunto co fermento.

chulas cabaza

5. Deixamos repousar a masa uns 30 minutiños.

chulas cabaza

6. Poñemos a quentar unha tixola con abundante aceite de oliva (eu boteille tamén un chisco de graxa de rixóns) e cando estea ben quente, iremos botando culleradas de masa.

chulas cabaza

chulas cabaza

7. Cando estean douradiñas, dámoslle a volta ata que se doren polo outro lado. Ao que estean listas, poñémolas sobre un papel de cociña para sacarlle o exceso de aceite e esparexemos azucre en po por riba. E listo!

Se vedes que vos quedan con moito aceite, pode ser ou ben porque o aceite non estaba quente abondo (tampouco vos pasedes, que senón quéimanse!) ou ben porque teñades falta de aceite (máis vale de máis que de menos).

chulas cabaza

Xa lle podedes meter o dente tanto quentes coma frías porque estarán boísimas. Ao levar a cabaza, non quedan secas e ao día seguinte estarán moi saborosas. Así que animádevos a preparalas porque seguro que repetides 😉 Bo proveito!

____________________________________________________

Galician pumpkin fritters

chulas cabaza

I love pumpkin! And not only because I like the flavour, but also because if you have the possibility of having pumpkins around, you have lots of recipes you can do, and all of them are delicious. One of the most well-known recipes in Galiza are these lovely pumpkin fritters. If you’re not a pumpkin fan, don’t worry! You will not even notice the flavour and the fritter will be smooth, soft and yummy. Let’s go!

Ingredients:

– 500 gr peeled pumpkin
– 3 eggs
– 150 gr flour
– 16 gr baking powder
– powdered sugar

Step by step preparation:

1. Boil the pumpkin with very little water.

chulas cabaza

2. When soft, process it with the food processor and allow to cool.

chulas cabaza

3. Beat the eggs and mix them with the purée.

chulas cabaza

4. Sieve the flour and add it together with the baking powder.

chulas cabaza

5. Let it settle for 30 minutes.

chulas cabaza

6. Heat a good quantity of olive oil in a pan ( I also used some lard) and when hot, add a tablespoon of batter.

chulas cabaza

chulas cabaza

7. When golden brown on one side, turn them down and let them become brown on the other. When done, put them over a paper towel to absorb the extra oil. Spread some powdered sugar and that’s it!

If you try and find them too oily, it can be either because the oil was not hot enough or because there was not enough oil (it’s better to put too much than too less).

chulas cabaza

And they’re ready for you to eat them right away! They’re incredibly tasty both hot or cold, and as they’re made of pumpkin, they won’t be dry and they’ll be perfect the next day. So, wait no more and prepare these delicious fritter, you won’t regret it! 😉 Enjoy it!

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.