Trufas de castaña / Chestnut truffles

Trufas de castaña

Trufas castañas

Unha das mellores cousas do outono é que é tempo de castañas! A min como máis me gustan son crúas, pero asadas e cocidas tamén están ben boas. E cando xa vai frío, mercar unhas pouquiñas no tren das castañas cando se dá un paseo por Compostela é un deses pequenos grandes praceres da vida. Desta vez, vai unha receita diferente, pero moi rápida e sinxela. Se vos gustan as castañas, seguro que as facedes e repetides. Imos aló!

Ingredientes para unhas 20 trufas:

– 500 gramos de castañas
– 1 cullerada de azucre en po
– 1 culleradiña de cacao
– 50 gramos de manteiga
– un chisco de augardente
– améndoas picadas*
– anís (opcional)

*As que empreguei eran crocante de améndoas, que levan caramelo. Podedes mercalas en calquera supermercado na zona de postres, de marca Dr. Oetker ou Vahiné.

Preparación paso a paso:

1. Cocemos as castañas en auga con sal ata que estean ben cocidas e brandiñas. Podemos engadirlle un chorriño de anís.

Trufas castañas

2. Deixámolas arrefriar un pouco (para non queimarnos) e esmagullámolas cun garfo ata conseguir unha masa máis ou menos fina.

Trufas castañas

3. Iremos engadindo a manteiga derretida. Así, tamén nos axudará a que se desfagan mellor as castañas.

Trufas castañas

4. Cando xa estea a masiña feita (non vos preocupedes se vos queda algún anaco máis grande), engadimos o cacao e mesturamos (a mellor maneira é coas mans).

Trufas castañas

5. Engadimos o azucre en po e o chorriño de augardente e mesturamos ben. (Tamén se poden facer sen augardente 🙂 )

Trufas castañas

6. Formamos boliñas e pasámolas polas améndoas picadas. E listo!

Trufas castañas

O mellor é deixalas repousar un pouco na neveira. Pero vaia, recén feitas tamén están moi boas. Xa vedes que é unha receita ben doada, con moi boa pinta e cun sabor a castaña delicioso.

Trufas castañas

________________________________________________

Chestnut truffles

Trufas castañas

The best thing about autumn is that it’s chestnuts time! I love them raw, but roasted or boiled are very tasty too. When it’s cold, buying some roasted chestnuts in the street while walking around a city while heating up our hands is one of the best sensations ever! This time, we will use chestnuts to make these delicious truffles that you will all love. So let’s go!

Ingredients for c. 20 truffles:

– 500 gr chestnuts
– 1 tbsp powdered sugar
– 1 tsp cocoa
– 50 gr butter
– some Galician augardente
– some chopped almonds*
– anisette (optional)

*The ones I used were caramelised too. You can find them in any supermarket, Vahine or Dr Oetker brands.

Step by step preparation:

1. Boil the chestnuts in salted water until soft. We can add some anisette in the water too.

Trufas castañas

2. Let them cool a bit (not to get burnt) and smash them with a fork until you get a dough more or less smooth.

Trufas castañas

3. Add the melted butter while smashing the chestnuts, this will make the smashing easier.

Trufas castañas

4. When the dough is ready (don’t worry if you have some little pieces of chestnut, not all the chestnuts are easily smashed), add the cocoa and mix (you’d better use your hands :P).

Trufas castañas

5. Add the powdered sugar and the augardente and mix until well integrated. (We can do them without too 🙂 )

Trufas castañas

6. Form little balls and press them against the chopped almonds. And that’s it!

Trufas castañas

The best thing is to keep them in the fridge. But, as soon as your making them, they’re really delicious! A very simple recipe which looks really good and the chestnut flavour is amazing!

Trufas castañas

2 thoughts on “Trufas de castaña / Chestnut truffles

  1. Para zoupóns, podes dar máis detalles de como mondalas cando están cocidas? É que a pel de dentro é malísima de tirar.
    Ah, e parabéns polo blogue. Acaban de ensinarmo e aquí hai ben para rillar!

    1. A min pásame igual coas castañas, non sei como demos facer para que sexan máis doadas de mondar! O que sí fago ás veces, sobre todo para esta receita porque non importa se se desfan, é facerlles un buratiño (como cando se asan) e así despois soe ser máis sinxelo. Pero hai algunhas que se pegan e non hai maneira. Seguirei probando a ver se atopo unha boa solución. Moitísimas grazas polo comentario e por visitar o blogue!!! 🙂

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *