Gnocchi recheos de queixo azul / Blue cheese gnocchi

Gnocchi recheos de queixo azul

Gnocchi

Que bos están os gnocchi!!! Pequenas boliñas con sabor a pataca que quedan ben con calquera prebe que lle botemos. E se son recheos xa…nin vos conto! E se o recheo é queixo…mmm…máis saborosos aínda! E que sinxelos son de facer. A verdade é que se precisa dun pouco de tempo, pero paga moitísimo a pena polo bos que están, e o sabor non ten nada que ver cos que se mercan. Así que imos aló!

Ingredientes para uns 50 gnocchi:

– 700 gramos de patacas
– 1 ovo
– 120 gramos de fariña
– sal
– 60 gramos de queixo azul
– salsa de tomate, queixo relado e ourego (para o prebe)

Preparación paso a paso:

1. Limpamos as patacas e poñémolas a cocer coa pel ata que estean brandiñas.

Gnocchi

2. Cando estean listas, escorrémolas e deixámolas arrefriar.

Gnocchi

3. Sacámoslle a pel e desfacémolas cun pasapuré, unha batedora ou un garfo. E salgamos.

4. Engadimos o ovo e mesturamos todo ben.

Gnocchi

Gnocchi

5. Iremos botando e mesturando a fariña pouco a pouco ata que a masa non se nos pegue nas mans.

Gnocchi

6. Cortamos un anaco de masa e estirámola ata formar un roliño alongado.

Gnocchi

7. Cortamos anacos duns 2 ou 3 centímetros.

Gnocchi

8. Facémoslle un pequeno furado co dedo e botámoslle un anaco de queixo azul. Pechamos os gnocchi e dámoslle forma de mini-croqueta.

Gnocchi

Gnocchi

9. Cando xa os teñamos todos listos, poñémolos a cocer en auga fervendo. Saberemos que xa están listos cando saian para arriba (como se ve na imaxe). E listo!

Gnocchi

Podemos acompañalos de calquera prebe que queirades. Cun chisco de prebe de tomate caseiro, ourego e queixo relado xa están de vicio! O queixo azul quédalles moi ben porque lle dá un punto forte ao sabor da pataca, pero por suposto podedes empregar calquera outro queixo que vos guste. Bo proveito!

Gnocchi

________________________________________________

Blue cheese gnocchi

Gnocchi

Gnocchi are veeery tasty, aren’t they? Little potato balls that are delicious no matter what you eat them with. And if we prepare them stuffed…even better! And if you love cheese the same that I do, You’ll definitely love this recipe right away! It’s true that you’ll need some time to prepare them, but it’s worth the effort, because the flavour has nothing to do with those bought-store! Let’s go!

Ingredients for around 50 gnocchi:

– 700 gr potatoes
– 1 egg
– 120 gr flour
– salt
– 60 gr blue cheese
– Homemade tomato sauce, oregano and grated cheese (for the sauce)

Step by step preparation:

1. Clean the potatoes and boil them with the skin on until soft.

Gnocchi

2. When ready, drain them and let them cool.

Gnocchi

3. Peel them and make a puree either with a fork or a food processor. Salt.

4. Add the egg and mix well.

Gnocchi

Gnocchi

5. Add and mix the flour bit by bit until the dough does not stick to your hands.

Gnocchi

6. Cut a piece of the dough and roll it until you get a long roll.

Gnocchi

7. Cut the roll into little pieces of 2/3 centimeters each.

Gnocchi

8. Make a little hole in each and add some blue cheese. Close it and give it the gnocchi form (like a mini-croquette).

Gnocchi

Gnocchi

9. When all ready, boil them in boiling water. They’ll be ready when they start floating, as in the picture. And that’s it!

Gnocchi

We can serve them with any kind of sauce. With some tomato sauce, oregano and grated cheese they’re delicious, but I’m sure they are yummy with your favourite sauce as well. Blue cheese is the perfect filling because it gives the potato a strong flavour, but you can also use any cheese you like. Bon appetit!

Gnocchi

2 Comments

  1. Que buena pinta prima! ya tengo ganas de hacerlos un día!

    • Siii! Tes que probalos, porque son super sinxelos! Ademáis, como xa tes algunha experiencia coa pasta, seguro que che saen xenial. Xa me contarás 😉

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.