Barquiñas de polo / Chicken boat-wraps

Barquiñas de polo

Wraps

Ás veces, cando veñen uns amigos a cear na casa, non sabemos moi ben que facer. Non queremos andar toda a tarde na cociña, nin ter que andar requentando a comida porque xa arrefriou. Unha das mellores propostas é facer estas sinxelas e moi socorridas barquiñas de polo. Non vos levará nada de tempo, e ademáis, seguro que lles gusta a tódolos convidados. Imos aló!

Ingredientes para 4:

– queixo ou mozzarella relada
– tomatiños
– leituga
– 400 gramos de peituga de polo
– 2 chourizos
– 1 pemento vermello
– 1 cebola

Preparación paso a paso:

1. Lavamos a leituga e os tomatiños. E poñémolos, xunto co queixo relado, nuns pequenos vasiños ou cuncas.

2. Picamos na picadora a peituga, os chourizos, a cebola e o pemento vermello. E fritimos todo ata que estea ben feito.

Wraps

3. Quentamos as barquiñas como di o envase, e poñemos a carne e as barquiñas, xunto co resto dos ingredientes. E listo!

image

Así, cada convidado fará as barquiñas á súa maneira, collendo os ingredientes que máis lle gusten. Podedes facelo con outra carne, con verduras, con falafel, ou co que máis vos guste.

______________________________________________________

Chicken boat-wraps

Wraps

When we have an informal dinner with family or friends, we sometimes do not know what to do. We do not want to spend all afternoon cooking at home, or having to heat the dishes because they’re cold at dinner time. One of the best options are these boat-shape-wraps, they’re very easy and all your guests will love them! Let’s go!

Ingredients for 4:

– grated cheese or mozzarella
– cherry tomatoes
– lettuce
– 400 gr chicken breast
– 2 Galician chorizos 😉
– 1 red bell pepper
– 1 onion

Step by step preparation:

1. Clean the lettuce and the cherry tomatoes. And put them, together with the cheese inside little bowls.

2. Process the chicken meat, the chorizos, the onion and the red pepper in a food processor. And fry all until well fried.

Wraps

3. Heat the wraps (as indicated in the package) and put them together with with the meat mixture and the rest of the ingredients. And that’s it!

image

Thus, each guest will prepare its own wrap, picking up the ingredientes they like most. You can also do it with other meat, veggies, falafel…or whatever you most enjoy!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *