Vacacións! / Holidays!

Vacacións!

Vacacións

Despois dun ano e pico poñendo receitas sen descanso, toca vacacións! Durante uns días non haberá receitas novas, pero estade atentos a facebook e twitter, a ver por onde andan as kukinhas e que lambonadas e pratos proban 😉 Ata pronto!

Holidays!

After more than a year writing recipes every week, it’s holidays time! For some days, there won’t be new recipes, but don’t forget to take a look at the twitter and facebook accounts and see where those cute kukinhas are and what they eat 😉 See you soon!

Redondo de tenreira con vinho do Porto / Veal round with Porto wine

Redondo de tenreira con vinho do Porto

Redondo Porto

Desta vez, unha receita de tenreira, que se non recordo mal, debe ser a primeira que teño no blogue. E coa boa carne de tenreira que temos na nosa terra, xa ía sendo hora de ter algunha. Ás veces, non sabemos moi ben como facer o redondo para que non nos quede seco, pois xa veredes como con esta receita vos quedará no seu punto, e ademáis, cun mollo de vinho do Porto ben rico. Imos aló! Continue reading “Redondo de tenreira con vinho do Porto / Veal round with Porto wine”

Trufas de castaña / Chestnut truffles

Trufas de castaña

Trufas castañas

Unha das mellores cousas do outono é que é tempo de castañas! A min como máis me gustan son crúas, pero asadas e cocidas tamén están ben boas. E cando xa vai frío, mercar unhas pouquiñas no tren das castañas cando se dá un paseo por Compostela é un deses pequenos grandes praceres da vida. Desta vez, vai unha receita diferente, pero moi rápida e sinxela. Se vos gustan as castañas, seguro que as facedes e repetides. Imos aló! Continue reading “Trufas de castaña / Chestnut truffles”

Gnocchi recheos de queixo azul / Blue cheese gnocchi

Gnocchi recheos de queixo azul

Gnocchi

Que bos están os gnocchi!!! Pequenas boliñas con sabor a pataca que quedan ben con calquera prebe que lle botemos. E se son recheos xa…nin vos conto! E se o recheo é queixo…mmm…máis saborosos aínda! E que sinxelos son de facer. A verdade é que se precisa dun pouco de tempo, pero paga moitísimo a pena polo bos que están, e o sabor non ten nada que ver cos que se mercan. Así que imos aló! Continue reading “Gnocchi recheos de queixo azul / Blue cheese gnocchi”

Coulant de chocolate / Chocolate lava cake

Coulant de chocolate

coulant

Se hai un postre realmente irresistible ese é o coulant. Un saboroso pasteliño de chocolate que deixa caer un recheo líquido quentiño que esta de vicio! É unha receita sinxela, que precisa de moi poucos ingredientes. Ademáis, podedes gardalos no conxelador e preparalos nuns minutiños, tendo sempre un postre preparado en moi pouco tempo! Pero tede coidado! Que som adictivos 😛 Imos aló! Continue reading “Coulant de chocolate / Chocolate lava cake”

Barquiñas de polo / Chicken boat-wraps

Barquiñas de polo

Wraps

Ás veces, cando veñen uns amigos a cear na casa, non sabemos moi ben que facer. Non queremos andar toda a tarde na cociña, nin ter que andar requentando a comida porque xa arrefriou. Unha das mellores propostas é facer estas sinxelas e moi socorridas barquiñas de polo. Non vos levará nada de tempo, e ademáis, seguro que lles gusta a tódolos convidados. Imos aló! Continue reading “Barquiñas de polo / Chicken boat-wraps”