Boliñas de trompetas amarelas / Cantharellus croquettes

Boliñas de trompetas amarelas

cantharellus

Os que me seguides por facebook ou twitter, xa vistes a fermosa cesta de Trompetas amarelas (ou gulas de monte). A mellor maneira de conservar estes cogomelos é deshidratándoos, e así podemos usalos nas nosas receitas todo o ano. Desta vez, probei a facelos en croquetas, e a verdade é que están moi bos. Iso sí, fritos cun chisco de aceite e sal xa están de vicio! 🙂 Imos aló!

Ingredientes:

– unhas trompetas amarelas
– cebola, allo…
– 2 culleradas de aceite
– 2 culleradas de fariña
– leite e fariña para a bechamel
– sal
– fariña, ovo e pan relado

Preparación paso a paso:

1. Como vos dixen, a mellor maneira de conservar estes cogomelos e poñéndoos a secar. Despois de lavalos, poñémolos sobre follas de xornal e deixámolos secar uns días. A verdade é que secan sorprendentemente rápido.

cantharellus

2. Cando xa estean as trompetas secas, collemos unhas poucas para as croquetas. A maioría delas poñerémolas en auga para que recuperen o seu estado orixinal, deixando unhas pouquiñas para picar.

cantharellus

3. As trompetas secas picarémolas coa picadora e mesturarémolas co pan relado, para darlle un toque especial ao rebozado.

cantharellus

4. Cando as trompetas xa estean hidratadas, fritímolas cun pouco aceite e sal. E despois faremos a bechamel coma sempre. Podemos engadirlle allo, cebola, outros cogomelos…

cantharellus

cantharellus

5. Cando a mestura estea fría, formamos boliñas e pasámolas por fariña, ovo e o pan relado con trompetas picadas.

cantharellus

6. Fritimos en aceite ben quente ata que estean douradiñas. E listo!

cantharellus

Unha receita moi sinxela, pero cun resultado excelente.

cantharellus

O sabor das gulas de monte é moi suave, pero moi distinto a outros cogomelos. A min, particularmente, gústanme moito. Se sodes fans doutros cogomelos, podedes facelos en croquetas porque estarán tamén moi sabedeiros! 😛

_____________________________________________________________________

Cantharellus croquettes

cantharellus

Those who follow me on Twitter or Facebook already know about the big basket full of cantharellus (yellow foot). The best way to preserve these mushrooms is to dehydrate them. Thus, we could use them all year round. This time, I tried to do it in these delicious croquettes, and the experiment was really worthy. But if you prefer them in a more natural way, try and fry them with some oil and salt, they’re very yummy! 🙂 Let’s go!

Ingredients:

– some cantharellus
– some onion, garlic…
– 2 tablespoons oil
– 2 tablespoons flour
– milk and flour for the white sauce
– salt
– flour, egg and breacrumbs for coating

Step by step preparation:

1. As I told you, the best way to keep these mushrooms in perfect conditions is to dry them. After washing them, put them over some newspapers and let them fry for some days. They dry surprisingly quickly.

cantharellus

2. When they’re dry, take some to prepare the croquettes. Put them in a bowl with water for them to take their original shape back, and leave some to process in a food processor.

cantharellus

3. After processing the dry cantharellus, mix them with the breadcrumbs to make these special and creative breadcrumbs.

cantharellus

4. When re-hydrated, fry them with some oil and salt. We can also add onion or garlic, or even other mushrooms. And prepare the white sauce, as usual.

cantharellus

cantharellus

5. When the mixture is cold, form the little balls and coat them in flour, egg and breadcrumbs.

cantharellus

6. Fry them in hot oil until golden brown. And that’s it!

cantharellus

A very easy recipe with an excellent result!

cantharellus

The flavour of these mushrooms is smooth, but quite different from other mushrooms. I love its flavour!!! If you prefer any other mushroom, you can do these croquettes using the same recipe because they will be delicious as well. 😛

2 Comments

  1. Menuda combinación! As miñas setas favoritas en croqueta! Hai ben tempo que non vou a elas, pero haberá que botarse ao monte.
    Congrats!

    • Pois tes que voltar a elas, porque paga moito a pena! A min gústanme de milleiros de maneiras, pero recoñezo que en croquetas sábenche moi ben 🙂
      Thanx!

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.