Pastéis de Nata / Custard Tarts

Pastéis de Nata (ou de Belem)

Pastéis de nata

Ás veces teño tantas ideas de lambonadas na cabeza que non sei por onde empezar, e se vos digo que levo xa tempo querendo facer os pastéis de nata, seguro que o puxen dalgunha receita máis 🙂 Teño pendente na próxima viaxe a Portugal mercar as “forminhas” para que queden coma os orixinais; desta vez, fíxenos no molde das magdalenas, e aínda que non quedaron coa mesma forma, teñen un sabor incrible!!! De feito, pelei a boca de querer probalos nada máis sair do forno, hihihi. Sinxelos, saborosos e riquiños, que máis se pode pedir? Imos aló!

Ingredientes para uns 12 pastéis:

– unha masa rectangular de follado (uns 250 gramos)
– 150 gramos de azucre
– 4 xemas
– 250 ml de leite
– 20 gramos de fariña
– 50 ml de auga
– manteiga (para o molde)

Preparación paso a paso:

1. Colocamos a masa sobre unha superficie enfariñada, mollámola un chisco por riba e enroscámola.

Pastéis de nata

2. Facemos marcas cada 2 centímetros e medio e cortamos os anaquiños.

Pastéis de nata

3. Botamos manteiga sobre cada buratiño do molde de magdalenas e colocamos un anaco de masa.

Pastéis de nata

4. Cos dedos, iremos dándolle forma ao pastel, procurando que a base e os laterais da masa queden ben finiños e algo máis gordo pola beira superior. Non vos preocupedes se vedes que se ve o molde do finiño que está, porque non rompe, e está moi máis rico así finiño, porque non se nota tanto a masa e sí o recheo 😛

Pastéis de nata

Pastéis de nata

5. Co azucre e a auga faremos un xarope. Poñémolos ao lume e quentámolo durante uns 5 minutos dende que ferva. Saberemos que está no seu punto cando ao coller un pouco xarope nunha culler, este deixa un fío ao caer. (Neste paso, xa podemos acender o forno. Un dos pasos máis importantes para que os patéis saian ben é que o forno xa estea a 250º cando os enfornemos).

Pastéis de nata

Pastéis de nata

6. Mesturamos os 20 gramos de fariña en 50 ml de leite, e botámolo nunha pota xunto cos outros 200 ml de leite e as xemas. Poñémolo ao lume ata que espese, sen que chegue a ferver.

Pastéis de nata

E cando xa estea espeso, engadimos o xarope de azucre.

Pastéis de nata

7. Agora que xa temos o recheo listo, rechearemos a masa uns 3/4 aproximadamente.

Pastéis de nata

8. Enfornamos os pastéis de nata a 250ºC durante uns 20 minutos ou ata que vexades que o recheo comeza a coller unha cor marrón escura. E listo!

Pastéis de nata

Non fagades coma min, e agardade a que estean fríos para meterlles o dente, porque o recheo sae moi quente.

Pastéis de nata

Se conseguides as forminhas, moito mellor, pero senón podedes aproveitar o molde das magdalenas ou outro molde que teñades pola casa, porque de sabor estarán ben sabedeiros de tódalas maneiras. Agardo as vosas fotos! (Que deste xa sei que me chegará algunha 😉 )

_________________________________________________________________________

Custard Tarts

Pastéis de nata

I have so many sweet recipes in my mind, that if I say I have been thinking about making these Portuguese custard tarts a long time ago, I’m sure I’ve said it before 🙂 I now have a new appointment in my to-do list, going to Portugal and buying the special moulds to prepare these yummy tarts. This time, I used a muffin tin. They do not have the same form, but the flavour is delicious as well. They’re so tasty that I even burnt my mouth for wating to taste them when still veeery hot! Easy, delicious and with a lovely aspect, what else do we need? Let’s go!

Ingredients for around 12 tarts:

– 1 rectangular piece of shorcrust pastry (c. 250 gr)
– 150 gr sugar
– 4 egg yolks
– 250 ml milk
– 20 gr flour
– 50 ml water
– butter (for the mould)

Step by step preparation:

1. Put the pastry over a floured surface, spread some water over it and roll it.

Pastéis de nata

2. Make marks every 2,5 cm and cut.

Pastéis de nata

3. Spread butter over the muffin holes and put a piece of pastry over them.

Pastéis de nata

4. With your fingers, give shape to the pastry, as if making little cups, trying to leave the base and the lateral parts thinner and the upper edges thicker. Don’t worry if you see it too thin, the thinner, the better! 😛

Pastéis de nata

Pastéis de nata

5. Boil water and sugar until you get a syrup (around 5 minutes). You will know it’s ready when taking some of it with a spoon and, when pouring it back to the syrup, it falls like caramel. (In this step, we have to turn on the oven at 250ºC/480ºF because the oven must be really hot for the tarts to be perfect).

Pastéis de nata

Pastéis de nata

6. Mix 50 ml of milk with the flour, and pour it over a pan, together with the rest of the milk and the yolks. Heat it until thick, but don’t let it boil.

Pastéis de nata

When thick, add the syrup.

Pastéis de nata

7. Now the filling’s ready, fill 3/4 tart with it.

Pastéis de nata

8. Bake the tarts at 250ºC/480ºF for around 20 minutes or until you see the custard gets a dark brown colour on top. And that’s it!

Pastéis de nata

Please, don’t do like me, and wait until they’re cold to try them, because the filling is really hot!

Pastéis de nata

If you have the possibility of buying the “forminhas” (the moulds), it will be great! But don’t lose the opportunity of preparing them only because you don’t have the mould. The flavour is amazing and it’ll be great no matter where you prepare them. I wait for you pics! (Cause I know you’ll be doing them for sure 😉 )

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *