Torta Tatin de mazá / Apple Tarte Tatin

Torta tatin de mazá

Tarte Tatin

Hoxe a receita é unha torta de mazá ao revés. E de onde veu iso de Tatin? Pois resulta que nun hotel de Francia, as irmáns Tatin andaban a facer unha torta de mazá. Sen decatarse, unha delas, puxo as mazás no molde sen ter posta antes a masa de follado, e para non ter que desfacer o xa feito, púxolle a masa por riba e listo! O caso é que está moi boa, así que se vos gusta a mazá, esta lambonada pasará a ser unha das vosas preferidas. Imos aló!

Ingredientes:

– 85 gramos de azucre en po
– 45 gramos de manteiga
– 4 mazás golden(ou as que máis vos gusten)sen pel e sen pepas
– 1 masa de follado redonda

**A cantidade de azucre podédela variar, dependendo do lambóns que sexades 😉

Preparación paso a paso:

1. Facemos caramelo co azucre en po e cando xa estea listo, engadimos a metade da manteiga, remexendo ata que estea todo ben mesturado.

Tarte tatin

2. Cortamos as mazás en anacos ben gordiños.

Tarte Tatin

3. Botamos a mestura de caramelo e manteiga sobre o molde e colocamos as mazás.

Tarte Tatin

4. Esparexemos a manteiga que nos queda e un chisco de azucre en po sobre as mazás.

Tarte Tatin

5. Colocamos a masa de follado por riba e facémoslle un lixeiro borde.

Tarte Tatin

6. Enfornamos durante media hora a 180ºC ou ata que vexades que a masa está ben douradiña.

Tarte Tatin

7. Agora só hai que darlle a volta, con moito coidado para non queimarse. Teremos que darlle a volta en quente, para que non arrefrie o caramelo no molde. E listo!

Tarte Tatin

A receita xa vedes que non ten complicación ningunha e o seu sabor é incrible! O mellor da Torta Tatin é que os anacos de mazá son máis gordiños que na torta de mazá habitual e isto dálle una sabor máis intenso e saboroso. Con estes sinxelos pasos, poderedes facer esta torta que xa se convertiu nun clásico en case tódalas cartas de postres 🙂

____________________________________________________________

Apple Tarte Tatin

Tarte Tatin

Today’s recipe is an upside-down apple pie. And where does this name come from? Well, the story started in a hotel in France, where the Tatin sisters were preparing an apple pie. One of them, put the appples in the mould without having put the pastry first, so not to start all over again, she just put the pastry on top. And there it goes! The thing is that this Tarte is really tasty and if you like apples, you’ll die for it. Let’s go!

Ingredients:

– 85 gr powdered sugar
– 45 gr butter
– 4 golden apples (or whatever you like the most)seedless and peeled
– 1 disk shortcrust pastry

**The amount of sugar may vary, it’ll depend on how sweet you feel 😉

Step by step preparation:

1. Prepare the caramel with the powdered sugar. When ready, add 1/2 the butter and mix until well integrated.

Tarte tatin

2. Cut the apples into quite big wedges.

Tarte Tatin

3. Pour the caramel over the mould and put the apple wedges on top.

Tarte Tatin

4. Spread the other 1/2 butter and some powdered sugar on top of the apples.

Tarte Tatin

5. Put the pastry over the apples and make roll the edges a bit.

Tarte Tatin

6. Bake for 1/2 an hour at 180ºC or until golden brown on top.

Tarte Tatin

7. Now we just have to turn it over, very carefully not to get burnt. We have to do it while hot to stop the caramel from getting hard in the mould. And that’s it!

Tarte Tatin

You see this recipe has no complicated steps at all, and the flavour is…mmm…yummy! As the apple wedges are bigger than those we use in the regular apple pie, the apple flavour is more intense and delicious. With these quick and easy steps, you’ll be able to prepare this classic dessert you can find in almost every menu all around the world 🙂

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *