Boliñas de trompetas amarelas / Cantharellus croquettes

Boliñas de trompetas amarelas

cantharellus

Os que me seguides por facebook ou twitter, xa vistes a fermosa cesta de Trompetas amarelas (ou gulas de monte). A mellor maneira de conservar estes cogomelos é deshidratándoos, e así podemos usalos nas nosas receitas todo o ano. Desta vez, probei a facelos en croquetas, e a verdade é que están moi bos. Iso sí, fritos cun chisco de aceite e sal xa están de vicio! 🙂 Imos aló! Continue reading “Boliñas de trompetas amarelas / Cantharellus croquettes”

Pastéis de Nata / Custard Tarts

Pastéis de Nata (ou de Belem)

Pastéis de nata

Ás veces teño tantas ideas de lambonadas na cabeza que non sei por onde empezar, e se vos digo que levo xa tempo querendo facer os pastéis de nata, seguro que o puxen dalgunha receita máis 🙂 Teño pendente na próxima viaxe a Portugal mercar as “forminhas” para que queden coma os orixinais; desta vez, fíxenos no molde das magdalenas, e aínda que non quedaron coa mesma forma, teñen un sabor incrible!!! De feito, pelei a boca de querer probalos nada máis sair do forno, hihihi. Sinxelos, saborosos e riquiños, que máis se pode pedir? Imos aló! Continue reading “Pastéis de Nata / Custard Tarts”

Crema de cabaciño / Zucchini soup

Crema de cabaciño

Zucchini soup

Outra receita de crema! Desta vez, aínda máis sinxela e moi saborosa. Tendo cabaciños na casa, podemos facer esta saborosa crema e tomar de postre esta torta de chocolate, que fará que os máis chocolateiros non poidan deixar de repetir. Imos aló! Continue reading “Crema de cabaciño / Zucchini soup”

Torta Tatin de mazá / Apple Tarte Tatin

Torta tatin de mazá

Tarte Tatin

Hoxe a receita é unha torta de mazá ao revés. E de onde veu iso de Tatin? Pois resulta que nun hotel de Francia, as irmáns Tatin andaban a facer unha torta de mazá. Sen decatarse, unha delas, puxo as mazás no molde sen ter posta antes a masa de follado, e para non ter que desfacer o xa feito, púxolle a masa por riba e listo! O caso é que está moi boa, así que se vos gusta a mazá, esta lambonada pasará a ser unha das vosas preferidas. Imos aló! Continue reading “Torta Tatin de mazá / Apple Tarte Tatin”

Crema de cabaza e mazá / Pumpkin and apple soup

Crema de cabaza e mazá

Pumpkin and apple soup

Ás veces pasa que cando un vai comer fora, xa non só vai comer, senón que vai investigar que pratos haberá no restaurante e así coller ideas e probar a facer algún deses pratos na casa. Nunha destas ocasións, estando de paparota no CGAC, había de primeiro prato Crema de cabaza e mazá. Pedina e mmm, que boa estaba! E é por iso que hoxe vos traio esta orixinal e ben sabedeira receita. Imos aló! Continue reading “Crema de cabaza e mazá / Pumpkin and apple soup”

Dorayakis de Doraemon / Doraemon Dorayakis

Dorayakis de Doraemon

Dorayakis

Non sei vós, pero eu era (e son) unha fan de Doraemon! Encantábame merendar vendo Doraemon na galega cando era pequena, agardando a ver que sacaba do seu peto máxico. E sempre sentin certa curiosidade por probar eses pasteliños polos que devecía o gato cósmico. O certo é que os orixinais están recheos de anko, unha faba doce, pero os de chocolate tamén son moi comúns e están de vicio! E xa que temos a nosa crema de cacao caseira, aproveitaremos para empregala 🙂 Imos aló! Continue reading “Dorayakis de Doraemon / Doraemon Dorayakis”