Galletiñas de limón / Lemon biscuits

Galletiñas de limón

image

Cando fixen a entrevista para o xornal Sermos Galiza, preguntáronme de onde viña o nome de kukinhas. Kukinhas ven da pronunciacion de cookies /kukis/, e como as kukis son galegas, pois kukinhas. E para facer honra ao nome, unha receita de galletas! 🙂 Coma sempre, sinxelas, rápidas e moi saborosas. Estas quedan cunha textura areosa, estilo galletas danesas. Imos aló!

Ingredientes:

Biscuits

– 115 gramos de manteiga
– 50 gramos de azucre branco
– 50 gramos de azucre en po
– 2 xemas
– reladura dun limón
– 200 gramos de fariña

Preparación paso a paso:

1. Coa batedora, traballamos a manteiga ata que estea cremosa. Engadimos o azucre e batemos de novo.

Biscuits

2. Engadimos as dúas xemas e batemos.

Biscuits

3. E por último, engadimos a reladura e a fariña. Para que non se nos pegue nas mans, teremos que amasala durante un par de minutos.

Biscuits

Biscuits

4. Formamos un roliño duns 2 centímetros de diámetro (eu fíxenas pequeniñas, pero podedes facelas como queirades) e imos cortando galletiñas dun centímetro máis ou menos. Se non queredes facelas así, tamén podedes extender a masa co rolo de amasar e cortar a masa cun cortapastas coas formas que máis vos gusten.

Biscuits

5. Enfornámolas a 180ºC durante uns 12-15 minutos ou ata que collan unha lixeira cor dourada nas beiras. No forno que eu teño, que ten 5 medidas, púxenas na terceira.

Biscuits

Deixarémolas arrefriar sobre a grella do forno para que non se abranden coa humidade. E listo!

Biscuits

Así pequeniñas, saen unhas 40, pero son un vicio, así que seguro que non vos duran nadiña. Podedes cambiar o limón por laranxa, ou engadirlle anaquiños de chocolate, pasas ou froitos secos.

_________________________________________

Lemon biscuits

image

When I did the interview for the Galician newspaper Sermos Galiza, they asked me about the name of the blog. Kukinhas comes from the pronunciation of cookies /kukis/ and the Galician diminutive. And to honor the name of the blog, here comes a cookies recipe. They’re easy, quick and amazingly tasty! You’re gonna love them. Let’s go!

Ingredients:

Biscuits

– 115 gr butter
– 50 gr granulated sugar
– 50 gr powdered sugar
– 2 egg yolks
– 1 lemon zest
– 200 gr flour

Step by step preparation:

1. Beat the butter with a wire whisk until creamy and smooth. Add the sugars and beat again.

Biscuits

2. Add the yolks and mix.

Biscuits

3. And finally, add the lemon zest and the flour. Mix well and knead for a couple of minutes over a floured surface.

Biscuits

Biscuits

4. Form a roll of about 2 cm (mine were pretty little, you can change the size) and cut little biscuits of about 1 cm thick. If you don’t want to do them like that, you can roll the dough with a rolling pin and cut it with some cookie-cutters.

Biscuits

5. Bake them at 180°C/375°F for around 12-15 minutes or until the edges turn golden brown.

Biscuits

Allow to cool over a wire rack to avoid the biscuits from getting humid and soft. And that’s it!

Biscuits

If you want little biscuits, you’ll get around 40, but they’re addictive so they won’t last long 🙂 You can prepare them with orange zest, chocolate chips, raisins or nuts.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *