Raviolis caseiros / Homemade ravioli

Raviolis caseiros

ravioli

Que bos están os raviolis, non si? E se son caseiros xa nin vos conto. E aínda que pareza moi complicado, a masa resulta moi doada de amasar e o resultado paga moito a pena. Desta vez, probei co típico recheo de espinacas e ricotta, pero para a seguinte, probarei cun recheo máis orixinal 😉 Acepto ideas!!! Imos aló!

Ingredientes para a pasta:

ravioli

– 300 gr fariña
– 3 ovos
– 1 culleradiña de sal
– 1 culleradiña de aceite

Ingredientes para o recheo:

– 250 gramos de queixo ricotta
– 125 gramos de espinacas
– 2 culleradas de queixo parmesano

Cantidade de raviolis: uns 30

Preparación paso a paso:

1. Mesturamos tódolos ingredientes e amasamos (quedará unha masa algo duriña).Unha vez teñamos a boliña formada, deixaremos repousar a masa envolta en papel film durante, como mínimo, media hora a temperatura ambiente, non na neveira.

Ravioli

Ravioli

2. Mentres repousa a masa, faremos o recheo. Cocemos as espinacas uns 5 minutos, escorrémolas ben e picámolas (ou ben a man ou ben na picadora). Mesturámolas co queixo ricotta e as dúas culleradas de parmesano.

Ravioli

Ravioli

3. Como veredes, unha vez que repouse, a masa estará moito máis flexible. E agora o que nos toca é amasar, procurando que quede o mais finiña posible. (A pesares de ser sen máquina de amasado, resulta moi doado que a masa quede finiña, así que non vos desanimedes pensando que será complicado!)

Ravioli

4. Unha vez estea ben amasada, poñémola sobre a ravioleira, marcamos os ocos cos dedos e botamos unha culleradiña de recheo, procurando que non saia para arriba, para que despois non se nos mova ao pasar o rolo de amasar. (IMPORTANTE! Temos que esparexer fariña pola ravioleira para que despois sexan máis doados de sacar.)

Ravioli

Ravioli

Ravioli

Se non tedes unha ravioleira, simplemente haberá que ir poñendo unha culleradiña de recheo cada 3 ou 4 centímetros.

5. Botamos auga polos bordes da ravioleira (ou do recheo dos raviolis) e entre raviolis, e poñemos a seguinte capa de masa.

Ravioli

Ravioli

6. E iremos pasando o rolo de amasar con moito coidado ata que comecen a notarse os bordes. Dámoslle a volta e separámolos coas mans. Se vedes que algún costa máis de sacar, podedes cortalo cun corta-pizzas.

Ravioli

Ravioli

E listo! Xa temos os nosos raviolis preparados. Esta ravioleira é para 12 raviolis e a masa doume para facer 12 dúas veces, e aínda me sobrou unha pouca para facer 6 máis. Tede en conta que ao ser caseiros, tardan máis en cocerse, e teredes que ir probando.

image

Se sodes amantes da pasta, e especialmente dos raviolis, seguro que vos encanta o resultado! Así que agardo as vosas fotos e comentarios.

___________________________________________

Homemade ravioli

ravioli

How nice and tasty raviolis are, aren’t they? And if they’re homemade, even better! Although it looks like a difficult task, the truth is that they’re really easy and the result is worthy. This time, I tried the classic Italian filling: ricotta cheese and spinaches, but next time, I’ll try a more creative one, any ideas? 😉 Let’s go!

Ingredients for the dough:

ravioli

– 300 gr flour
– 3 eggs
– 1 teaspoon salt
– 1 teaspoon oil

Ingredients for the filling:

– 250 gr ricotta cheese
– 125 gr fresh spinaches
– 2 tablespoons parmesan cheese

Quantity of raviolis: around 30

Step by step preparation:

1. Mix all the ingredients and knead (the dough will be a bit hard). Once we have our dough ball ready, wrap it in a plastic wrap and let it set for, at least, 30 minutes at room temperature – not in the fridge.

Ravioli

Ravioli

2. Meanwhile, we will prepare the filling. Boil the spinaches for 5 minutes, strain them well and process them in a food processor. Mix the spinaches with the ricotta and the parmesan cheese.

Ravioli

Ravioli

3. Once the dough is ready, you’ll see it’s much more flexible and easy-to-knead than before. Knead it with a rolling pin until it’s very thin and smooth. (If you have a pasta machine, you can use it for sure. It you don’t, don’t worry, it’s very easy to knead and you’ll get a really slim dough layer with no difficulty).

Ravioli

4. Then, put it over the ravioli maker, push the dough to mark the holes and add a teaspoon of filling in each hole. IMPORTANT! Put some flour over the ravioli maker to stop the dough from sticking.

Ravioli

Ravioli

Ravioli

If you don’t have a ravioli maker, just add a teaspoon of filling every 3 or 4 centimetres.

5. Spread some water with your fingers over the ravioli edges and add the next dough layer.

Ravioli

Ravioli

6. With the little rolling pin, push both layers until you notice the edges of the ravioli. Turn the ravioli maker and separate each ravioli with your hands, or using a pizza wheel.

Ravioli

Ravioli

And that’s it! We’ve got our ravioli ready. This ravioli maker makes 12 ravioli at a time. Take into account that, as they’re homemade, you’ll need much more time to boil them, so you will have to try them while cooking.

image

If you like pasta, and especially, ravioli, you’ll love how tasty these homemade ravioli are! So I hope you prepare them and send me your comments and beautiful pics!

2 thoughts on “Raviolis caseiros / Homemade ravioli

    1. Moitas grazas!:) Pois co ben que se che dan as receitas italianas, seguro que che sae xenial! Que guapas as dúas!!! 😀 E que ilusión saír no xornal 🙂

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *