Ensalada de quinoa / Quinoa salad

Ensalada de quinoa

Quinoa

Xa sei que estes días non están moito para ensaladas, pero eu confío en que o tempo cambie (para mellor) e xa vos deixo aqui as receitas para que non vos pille sen ideas 😉 E así, aproveito para facervos unha recomendación, tedes que probar a quinoa! Que cousa máis rica. O malo é o prezo, que é un chisco careira, pero compensa, porque 1 kg dá para moitas receitas, e é ben sabedeira! Imos aló!

Ingredientes para 2 persoas:

– 100 gramos de Quinoa
– tomates cherri
– pipas de cabaza
– cebola
– pemento vermello
– pemento verde
– cogomelos (e allo para fritilos)
– cenoria
– peras (desas pequenas e duriñas)

*As cantidades non as poño porque dependen do que máis vos guste, e sempre podedes empregar outros ingredientes

Preparación paso a paso:

1. Cocemos a quinoa segundo indique o paquete. En principio, é coma o arroz, dobre cantidade de auga que de quinoa, e farase nuns 15 minutiños.

Quinoa

2. Mentres se coce, cortaremos os pementos, a cebola, a cenoria, as peras e os cherris en dadiños. Cortaremos tamén os cogomelos en láminas e fritirémolos un chisco na tixola cun pouco allo.

3. Cando a quinoa estea lista, sacámoslle a auga e deixámola arrefriar.

Quinoa

4. Despois so temos que mesturala con tódolos ingredientes cortados, os cogomelos e mailas pipas. Botámoslle sal, vinagre e aceite e listo!

Se nunca lle botastes pera ou mazá a unha ensalada, probade! Dálle un toque doce que seguro que vos gusta. A ensalada pode facerse tamén con lentellas, arroz ou pasta. Se probades, podedes mandarme as vosas fotos, ou comentarme cales son os vosos ingredientes preferidos nas ensaladas.

_______________________________________________________

Quinoa salad

Quinoa

I know weather in Galiza is being kind of weird lately. But I hope it will get better really soon and that summer will finally come back again to us. To be prepared, nothing better than this quinoa salad. If you haven’t tried quinoa yet, do it! The only bad thing is that it’s a little bit expensive, however with 1 kg, you will have for lots of recipes, so I highly recommend it.

Ingredientes para 2 persoas:

– 100 gr Quinoa
– cherry tomatoes
– sunflower seeds
– onion
– red bell pepper
– green bell pepper
– mushrooms (and garlic to fry them)
– carrot
– pears (those little and hard)

*I don’t indicate the quantities because that depends on what you like the most

Step by step preparation:

1. Boil the quinoa following the package directions. It’s like rice, so 200 ml water if we use 100 grams of quinoa. It will be done in around 15 minutes.

Quinoa

2. Meanwhile, chop the peppers, onion, carrot, pears and tomatoes. Cut the mushrooms as well and fry them with a bit of garlic.

3. When the quinoa is ready, strain it and let it cool.

Quinoa

4. Mix it with all the ingredients. And add some salt, oil and vinegar to dress it. And that’s it!

If you have never tried apples or pears in a salad, you must! They give salads a sweet touch you’ll love! You can also prepare it using lentils, rice or pasta. If you prepare it, send me your pictures or those favourite ingredients you always use when preparing your salads.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *