Espagueti á carbonara: receita tradicional / Carbonara spaghetti: traditional recipe

Espagueti á carbonara: receita tradicional

Carbonara

Hoxe tráiovos unha receita especial, e digo especial porque seguro que algunha vez vos dixeron iso de: os espagueti á carbonara non leva nin tona nin leite. E vós, coma min, toda a vida pensando que si. E é polo que desta vez decidín facela de maneira tradicional, sen leite nin tona. E recoñezo que, a partires de agora, penso facela sempre así, porque está moi boa e é moito máis lixeira. Imos aló!

Ingredientes para dúas persoas:

– 100 gramos de espagueti
– 100 gramos de touciño
– 1/2 cebola picada finiña
– 2 ovos
– 30 gramos de queixo parmesano

Preparación paso a paso:

1. Cocemos os espagueti con sal.

Carbonara

2. Mentres, fritimos o touciño e maila cebola cunha cullerada de aceite de oliva.

Carbonara

3. Batemos os ovos e mesturámolos co parmesano.

Carbonara

4. Coamos os espagueti, e mesturámolos na tixola xunto co touciño e a cebola.

Carbonara

5. E despois engadimos o ovo co parmesano. Mesturamos ben mentres imos remexendo ata que estea todo ben integrado, sen que chegue a callar o ovo de todo.

Carbonara

E listo!

Carbonara

Está boísimo! E xa vedes que rápido e sinxelo tamén é. Non fan falta moitos ingredientes e se non tedes parmesano á man, podedes empregar calquera outro queixo en po. Xa veredes como en canto o probedes, farédelo sempre así 🙂

__________________________________________________

Carbonara spaghetti: traditional recipe

Carbonara

And here we have a special recipe, and I say it’s special because Carbonara sauce is sometimes made the wrong way, using cream or milk, when, in fact, the original recipe has no milk or cream among its ingredients. And now that I’ve tried it this way, I’m sure I will be making it always like this. It’s really tasty and even healthier. So let’s go!

Ingredients for 2:

– 100 gr spaghetti
– 100 gr bacon
– 1/2 onion, finely chopped
– 2 eggs
– 30 gr parmesan cheese

Step by step preparation:

1. Boil the spaghetti with some salt.

Carbonara

2. Meanwhile, fry the bacon and the onion with a tablespoon of olive oil.

Carbonara

3. Beat the eggs and add the cheese.

Carbonara

4. Strain the spaghetti, and mix them in a pan with the bacon and onion.

Carbonara

5. And then, add the egg and the cheese. Mix well until all integrated. But don’t let the egg to set, to be smoother.

Carbonara

And that’s it!

Carbonara

It’s delicious! And quick and easy as well. You don’t need lots of ingredients and if you don’t have parmesan cheese around, you can use any other powdered cheese. As soon as you try it, you’ll love the recipe, and you’ll prepare spaghetti like this every other day 🙂

2 thoughts on “Espagueti á carbonara: receita tradicional / Carbonara spaghetti: traditional recipe

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *