Crema de chocolate branco / White chocolate custard

Crema de chocolate branco

Crema de chocolate

Devezo polo chocolate! Gústame con leite, puro, sen azucre, con azucre, con améndoas, con avelás…en fin, todo! Máis teño que recoñecer que o meu predilecto sempre foi, é, e será o chocolate branco. Así que xentiña lambona coma min, preparádevos para facer esta saborosa crema de chocolate branco porque máis sinxela xa vos digo que non pode ser! Non leva ovo, nin glute, e se sodes veganos, podedes facela con leite de soia. Imos aló!

Ingredientes para 2 tarriños:

– 250 ml de leite
– 125 gramos de chocolate branco
– 15 gramos de maicena

Preparación paso a paso:

1. Poñemos ao lume unha pota co leite (deixando uns 50 ml para desfacer a maicena) e o chocolate e remexemos a lume medio-alto ata que o chocolate estea totalmente desfeito.

Crema de chocolate

2. Engadimos a maicena mesturada no leite e quentamos ata que espese.

Crema de chocolate

3. Cando xa teña a consistencia desexada (coma a das natillas) botámolo nos tarriños e listo!

Crema de chocolate

Agora só temos que agardar a que arrefríe e xa está no seu punto para meterlle o dente. Podedes botarlle un pouco de galleta María, anaquiños de chocolate con leite, froitos vermellos…ou o que máis vos guste! Xa vedes que é moooi sinxela e rapidísima de facer, así que agardo polas vosas fotografías 😉
Ademáis, podedes probar a facela con chocolate con leite, toblerone, nutella, milka…dáme fame só de pensalo! 😛

**Por certo, os tarriños que vedes na imaxe non son máis que vasos de iogur de cristal decorados con cinta adhesiva de cores, por se queredes probar a facelos.

________________________________________________________

White chocolate custard

Crema de chocolate

I’m chocoholic! I love all types of chocolate…with milk, pure, with almonds, with or without sugar, with fruits…but my forever and ever favourite has been and it will always be white chocolate. So if you love it just the way I do, get ready to prepare this delicious white chocolate custard because it cannot be easier. I give you my word! It’s an egg free and gluten free recipe, and for those who are vegan, you can use soy milk (or any other you prefer). Let’s go!

Ingredients for 2 little jars:

– 250 ml milk
– 125 gr white chocolate
– 15 gr cornstarch

Step by step preparation:

1. Heat the milk (leave 50 ml to mix with the cornstarch) and the white chocolate until it’s melted.

Crema de chocolate

2. Add the mixture of milk and cornstarch and stir until the mixture becomes thicker (custard consistency).

Crema de chocolate

3. When ready, pour it in the jars and allow to cool. And that’s it!

Crema de chocolate

You can spread some Marie biscuits crumbs on top, chocolate chips, some berries, or whatever you like. This is the easiest and quickest white chocolate custard ever, so I hope you prepare it and send me some pictures! 😉
Besides, you can change the white choc and use nutella, milka, toblerone…oh dear! I’m feeling hungry! 😛

**BTW, the jars I used are just yogurt crystal jars decorated with some washi tape, in case you want to make your own jars.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *