Torta de pexegos / Peach tart

Torta de pexegos

Peach pie

E outra lambonada! Desta vez, con pexegos 🙂 Para facela máis rápida e sinxela, empreguei pexegos en almíbar, pero se os tendes de colleita propia, aproveitade! Xa vos indicarei como facelo no paso a paso. A presenza non é o seu punto forte, pero de sabor está boísima! E en media horiña, teredes a torta preparada. Imos aló! Continue reading “Torta de pexegos / Peach tart”

Berenxenas con mel / Eggplant fritters with honey

Berenxenas con mel

Berenxenas mel

Dende que oin falar deste prato, andaba con ganas de facelo, porque a verdade é que a combinación de ingredientes sorprende. Sexades ou non fans da berenxena ou do mel, este prato seguro que vos gusta. Ademáis, podedes facelas sen mel como alternativa das patacas fritidas, xa veredes como aos pequechos lles encantan! E así tamén aproveitamos para que coman máis vexetais 🙂 Imos aló! Continue reading “Berenxenas con mel / Eggplant fritters with honey”

Galletiñas de limón / Lemon biscuits

Galletiñas de limón

image

Cando fixen a entrevista para o xornal Sermos Galiza, preguntáronme de onde viña o nome de kukinhas. Kukinhas ven da pronunciacion de cookies /kukis/, e como as kukis son galegas, pois kukinhas. E para facer honra ao nome, unha receita de galletas! 🙂 Coma sempre, sinxelas, rápidas e moi saborosas. Estas quedan cunha textura areosa, estilo galletas danesas. Imos aló! Continue reading “Galletiñas de limón / Lemon biscuits”

Raviolis caseiros / Homemade ravioli

Raviolis caseiros

ravioli

Que bos están os raviolis, non si? E se son caseiros xa nin vos conto. E aínda que pareza moi complicado, a masa resulta moi doada de amasar e o resultado paga moito a pena. Desta vez, probei co típico recheo de espinacas e ricotta, pero para a seguinte, probarei cun recheo máis orixinal 😉 Acepto ideas!!! Imos aló! Continue reading “Raviolis caseiros / Homemade ravioli”

Torta de queixo sen forno / No-bake cheesecake

Torta de queixo sen forno

No-bake cheesecake

Se vos gustan as tortas de queixo, apuntade esta porque vos vai encantar! É moi rápida de facer, nuns sinxelos pasos xa estará lista e ademáis non precisades o forno. E o sabor e a textura son…mmm…incribles! Fresquiña e sen forno, esta torta é perfecta para o verán. Imos aló! Continue reading “Torta de queixo sen forno / No-bake cheesecake”

Ensalada de quinoa / Quinoa salad

Ensalada de quinoa

Quinoa

Xa sei que estes días non están moito para ensaladas, pero eu confío en que o tempo cambie (para mellor) e xa vos deixo aqui as receitas para que non vos pille sen ideas 😉 E así, aproveito para facervos unha recomendación, tedes que probar a quinoa! Que cousa máis rica. O malo é o prezo, que é un chisco careira, pero compensa, porque 1 kg dá para moitas receitas, e é ben sabedeira! Imos aló! Continue reading “Ensalada de quinoa / Quinoa salad”