Empanadiñas de verduras / Veggies pasties

Empanadiñas de verduras

Empanadiñas

Unha receita saudable, sen demasiadas complicacións e moi sabedeira. Desta vez, fíxenas ao forno, para que foran aínda máis lixeiras, e ademáis, só levan verduriñas, así que vexetarianos e veganos, estade atentos! 😉 Imos aló!

Ingredientes para unhas 16 empanadiñas:

– 1/2 cabaciño
– 1/2 berenxena
– 1/2 cebola
– 1/2 pemento vermello
– 1 cenoria
– prebe de tomate caseiro ou tomate relado
– obleas para empanadiñas
– sal e aceite para fritir as verduras

Preparación paso a paso:

1. Cortamos tódolos ingredientes en anacos.

Empanadiñas

2. Fritimos. Cando xa case estean a punto, engadimos o prebe de tomate e deixamos que se integre todo ben.

Empanadiñas

3. Engadimos unha cullerada de recheo en cada oblea.

Empanadiñas

4. E pechamos a masa coa axuda dun garfo, marcando os bordes coas puntiñas.

Empanadiñas

5. Poñémolas na bandexa do forno forrada con papel vexetal e enfornámolas a 200°C de 10 a 15 minutos, ou ata que vexades que están douradiñas. E listo!

Empanadiñas

Xa vedes que pinta teñen e o boíñas que son de facer, así que non hai desculpa posible, poñédevos mans á masa e preparade estas saborosas empanadiñas, seguro que repetiredes! 🙂

______________________________________

Veggies pasties

Empanadiñas

A healthy, quick and very easy recipe you’ll absolutely love! I decided to bake them instead of frying them for a change, thus, they are even healthier 😉 Besides, I only used veggies, so vegetarians and vegans can also enjoy this delicious recipe! Let’s go!

Ingredients for about 16 pasties:

– 1/2 zucchini
– 1/2 aubergine
– 1/2 onion
– 1/2 red bell pepper
– 1 carrot
– some homemade marinara sauce or grated tomato
– 16 round smallpastries
– salt and oil to fry the veggies

Step by step preparation:

1. Chop all the ingredients.

Empanadiñas

2. Fry them, and when almost ready, add the sauce and let it cook until well integrated.

Empanadiñas

3. Add a tablespoon of filling in each small pastry.

Empanadiñas

4. And close it using a fork, pressing both sides with its tip.

Empanadiñas

5. Place it over the baking tray covered by a baking sheet and bake them at 200°c/400°F for 10-15 minutes or until golden brown. And that’s it!

Empanadiñas

Seeing how delicious they look and the so simple preparation, there are no excuses to prepare these tasty veggies pasties, so get ready to prepare them right away 😉

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *