Polo estilo 1906 / Chicken 1906 style

Polo estilo 1906

image

Hoxe tráiovos unha receita de polo ben sinxela e rápida. Aínda que non é unha receita de 1906, pola foto xa sabedes por que lle chamo así 🙂 Podedes, por suposto, empregar outras cervexas, pero esta quédalle moooi ben. Por certo! O día 12 de xullo este blogue estivo de aniversario! Despois dun ano, 119 entradas, 20.000 visitas, e moitas fotos das vosas receitas, só me queda darvos as GRAZAS! Como o aniversario me pillou de visita por Granada, non puiden argallar nada, pero haberá algunha sorpresiña para celebrar o aniversario como toca. Estade atentos! 😉

Ingredientes para 2 persoas:

– 4 zancos de polo (xa vedes que estes son pequenos)
– 1 cebola
– 1 vaso de caldo (de polo ou de verduras)
– 1/2 cervexa 1906
– fariña

*A cantidade de caldo ou de cervexa dependerá de se vos gusta máis o sabor da cervexa ou do número de zancos de polo que empreguedes, o mellor é que queden cubertos polo líquido

Preparación paso a paso:

1. Enfariñamos os zancos e fritímolos na sartén a lume forte para que queden lixeiramente torradiños.

2. Fritimos un chisco a cebola e engadímoslle o polo.

1906 chicken

3. Cando a cebola estea lista, engadimos o vaso de caldo e a cervexa.

Chicken 1906

Baixamos o lume e deixamos que se vaia reducindo o líquido pouco a pouco e o prebe vaia espesando. E listo!

Xa vedes que non se tarda nadiña, o polo queda moi tenro e o prebe está de medo, así que tede preparado un bo anaco de pan! 😛

________________________________________________________

Chicken 1906 style

image

As usual, another quick and easy recipe (my favourites!) Although it’s not a recipe from 1906, I gave it this name because I will be using 1906 beer. Of course you can use any other beer you like. BTW, this 12th July it was kukinhas first anniversary! After a year, 119 posts, 20,000 visits and lots of picture from you, I can only say THANK YOU! As the anniversary caught me visiting Granada, I couldn’t prepare anything special, but I will think about some surprise to celebrate the anniversary as it should be, so stay tuned! 😉

Ingredients for 2:

– 4 chicken thighs (these were small)
– 1 onion
– 1 cup broth (either chicken or veggies)
– 1/2 1906 beer
– flour

*The quantities of beer and broth may depend on how much you like beer flavour or on the number of chicken thighs you’ll be doing, the chicken should be covered by the liquid in any case

Step by step preparation:

1. Coat in flour each thigh and fry at a high temperature until golden brown.

2. Fry the onion and add the chicken.

1906 chicken

3. Add the broth and the beer.

Chicken 1906

Boil at a low medium temperature until the beer sauce becomes thicker and the chicken is completely done. And that’s it!

As you see, it’s very very quick, the thighs will be really tender and the sauce is delicious, so have a nice loaf of bread around! 😛

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *