Mini tortas de ameixos / Mini plum tarts

Mini tortas de ameixos

Tartaletas

Cando na leira hai unha árbore que ten tantos ameixos que ata as pólas lle chegan ao chan, toca poñerse coas mans na masa e facer algunha receita para aproveitar uns ameixos tan saborosos.

Tartaletas

E de aí xurdiu esta receita. Unha lambonada pola que devecerán tódolos larpeiros 🙂 Preparados? Imos aló!

Ingredientes para unhas 14 mini tortas:

– 2 láminas de pasta brisa
– 1/2 litro de leite
– 3 xemas de ovo
– 50 gramos de azucre
– 30 gramos de fariña de millo (maizena)
– 15 gramos de manteiga
– 15 ml de vainilla
– 14 ameixos
– papel de aluminio
– legumes secas
– azucre moreno (para decorar)

Preparación paso a paso:

1. Primeiro faremos a base, as tartaletas ou mini tortas. (Eu fíxenas no molde das magdalenas, pero podedes facelas nun molde de tartaletas ou noutro molde pequeno que teñades pola casa.)
Untaremos o molde con manteiga e iremos colocando anacos de masa (podedes dividila en 6 anacos), recortando as beiras cun coitelo.

Tartaletas

Tartaletas

2. Forraremos a masa por dentro con papel de aluminio e botaremos legumes secas para que non medre a masa no forno.

Tartaletas

3. Enfornamos as mini tortas a 200°C durante 10-15 minutos.

Tartaletas

4. Deixámolas arrefriar e sacámoslle o papel e mailas legumes.

Tartaletas

5. Para o recheo, quentamos o leite (reservando un pouco para mesturar coa fariña), as xemas, o azucre, a manteiga e maila vainilla.
E cando xa estea todo ben mesturado, engadimos a fariña desfeita no leite e imos remexendo ata que espese.

Tartaletas

6. Cortamos os ameixos en anacos e cando o recheo estea case frío, engadímolos e mesturamos.

Tartaletas

Tartaletas

7. Recheamos as mini tortas e deixamos arrefriar. Para decorar, podedes engadirlle un chisco de azucre moreno. E listo!

Tartaletas

O bo que ten esta receita é que as mini tortas podedes rechealas do que máis vos guste, ou empregar cereixas, amorodos…ou outras froitas, polo que serviravos de base para moitas lambetadas. Agardo que vos gustara e que vos poñades mans á masa.

__________________________________________

Mini plum tarts

Tartaletas

When you have in the garden a plum tree so full of plums that its branches already touch the ground, it’s time to think about a recipe to use these delicious plums.

Tartaletas

And that’s how this recipe came out! A sweet pastry everybody will love! Ready? Let’s go!

Ingredients for around 14 mini tarts:

– 2 disks shortcrust pastry
– 1/2 L milk
– 3 egg yolks
– 50 gr sugar
– 30 gr cornstarch
– 15 gr butter
– 15 ml vanilla
– 14 plums
– some tin foil
– dry beans
– brown sugar (to decorate)

Step by step preparation:

1. First, we’ll prepare the base, the mini tarts. (I used a muffin tin mould, but you can use a specific tart mould or any little mould you have around your kitchen.)
Spread some butter on the mould and place small amounts of the pastry to cover the whole mould (you can divide the pastry into 6 parts), cutting the extra pastry with a knife.

Tartaletas

Tartaletas

2. Cover the inside with some tin foil and add the dried beans. Thus, the pastry will not grow in the oven.

Tartaletas

3. Bake them at 200°C/400°F for 10-15 minutes.

Tartaletas

4. Allow to cool and take out the tin foil and the beans.

Tartaletas

5. For the filling, heat the milk (keeping some to mix with the cornstarch), yolks, sugar, butter and vanilla.
When all integrated, add the cornstarch and stir until thick as custard.

Tartaletas

6. Chop the plums and add it to the cold filling.

Tartaletas

Tartaletas

7. Fill the mini tarts. To decorate them, you can sprinkle some brown sugar. And that’s it!

Tartaletas

The best thing about this recipe is that you can use the mini tarts for lots of other recipes. Or using other fruits, such as cherries, strawberries…or your favourite ones. I hope you liked it and that you try and prepare these mini tarta, I’m sure you’ll love them!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *