Pizzas de cabaciño / Zucchini pizzas

Pizzas de cabaciño

Zucchini pizzas

E xa están aquí de novo os cabaciños! E cando veñen, xa sabedes que veñen unha chea deles, e non se poden desaproveitar que son moi sabedeiros. E estas pizzas de cabaciño están de medo, son moi sinxelas e aínda máis rápidas de preparar ca unha pizza. Ademáis, se tendes nenos, será unha moi boa maneira de que coman verdura sen case decatarse 😉 Imos aló!

Ingredientes:

– 1 cabaciño
– prebe de tomate caseiro
– queixo relado ou mozzarella relada
– atún
– olivas
– chourizo
– millo doce
– cenoria…
– ou calquera ingrediente co que queirades facer as pizzas

Preparación paso a paso:

1. Cortar os cabaciños en rodelas. (Se tedes tempo, o mellor é deixalos un tempo con sal para que solten a auga.)

Zucchini pizzas

2. Engadimos o prebe de tomate caseiro.

Zucchini pizzas

Zucchini pizzas

3. Botamos o queixo relado por riba.

Zucchini pizzas

4. E o resto dos ingredientes para rematar as nosas pizzas de cabaciño.

Zucchini pizzas

5. Metémolas no forno con calor só por baixo a 200°C ata que o cabaciño estea brandiño cando o pinchemos cun garfo. E listo!

Zucchini pizzas

Xa vedes que é moi sinxelo e moooi rápido de facer. Saudable, saboroso e lixeiro. Así que agardo que as preparedes e me contedes que tal. Xa sabedes que podedes mandarme as vosas fotos ben bonitiñas a kukinhas@kukinhas.com ou por facebook ou twitter.

Zucchini pizzas

_________________________________________________

Zucchini pizzas

Zucchini pizzas

And there they are: zucchinis! And when they start growing, they never stop, and you find lots of zucchinis at your kitchen, waiting for you to think about tasty recipes to prepare with them. These zucchini pizzas are really tasty, easy, quick and perfect for those kids who are not crazy for veggies. So, let’s go!

Ingredients:

– 1 zucchini
– homemade tomato sauce
– grated cheese or mozzarella
– tuna
– olives
– chorizo
– sweetcorn
– carrots…
– or any other ingredient you want to add to the pizza

Step by step preparation:

1. Cut the zucchinis. (If you have time, salt them and let them settle for a while. Thus, they will lose some water.)

Zucchini pizzas

2. Add the homemade tomato sauce.

Zucchini pizzas

Zucchini pizzas

3. Spread some cheese.

Zucchini pizzas

4. And at the rest of the ingredientes as if you were preparing a pizza.

Zucchini pizzas

5. Bake them at 200°C/400°F or until the zucchinis are soft (pinch them with a fork). And that’s it!

Zucchini pizzas

As you can see, it’s easy and veeery quick. Healthy and tasty. So, I hope that you are ready to prepare them and tell me about it. You know you can send me your beautiful pictures to kukinhas@kukinhas.com, or facebook and twitter.

Zucchini pizzas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *