Crema catalá / Crema catalana

Crema catalá

Crema catalana

Dise deste postre que é uns dos máis antigos de Europa na súa categoría. En Catalunya pódese atopar todo o ano, sendo típica o día de San Xosé, de aí que tamén se coñeza como Crema de Sant Josep. O seu sabor é intenso e a súa textura suave. É unha receita sinxela na que se empregan ingredientes que acostumamos a ter pola casa, e o resultado é excelente. Seguro que repetides! 😉

Ingredientes:

– 8 xemas de ovo
– 50 gramos de fariña de millo (maizena)
– 1/2 pau de canela
– 1 laranxa (o zume e mailas mondas da metade)
– 200 gramos de azucre
– 1 litro de leite enteiro
– azucre para torrar

Preparación paso a paso:

1. Póñense tódolos ingredientes: as xemas, a maizena, a canela, o zume da laranxa, as mondas da laranxa, o azucre e o leite nunha pota e ponse ao lume.

Crema catalana

Crema catalana

2. Cun batedor de varillas, iremos remexendo sen parar a lume alto ata que comece a espesar (a piques de ferver). É importante que NON ferva, pois non queremos que calle o ovo.

Crema catalana

3. Poñeremos a crema nos moldes para que arrefríe.

Crema catalana

4. Unha vez estea fría, engadimos azucre e torrarémolo cun queimador. (Que bo está o azucre torrado!!!) E listo!

Crema catalana

Xa vedes que non ten complicación ningunha! E cos ovos da casa non sabedes o saborosa que está! Así que eu de vós iría preparando os ingredientes e poñéndome mans á obra.

Crema catalana

Se vos gustou a receita e a preparades, non vos esquezades de comentar ou sacarlle unha fotiño para poñela no Salón da Fama! Podedes enviar as vosas fotografías a kukinhas@kukinhas.com

E que facer coas claras de ovo? Unha saborosa bica branca de Laza!

_______________________________________________

Crema catalana

Crema catalana

This dish is said to be one of the oldest desserts in Europe in its category. In Catalonia, you can taste it all year round, but it’s more common on St Joseph’s day, that’s why it’s also called Crema de Sant Josep. Its flavour is intense and its texture smooth. It’s a very easy recipe which you can prepare with ingredients we usually have at home, and the result is excellent. I’m sure you’ll repeat! 😉

Ingredients:

– 8 egg yolks
– 50 gr cornstarch
– 1/2 cinammon stick
– 1 orange (its juice and 1/2 orange peels)
– 200 gr sugar
– 1 L whole milk
– sugar to burn

Step by step preparation:

1. Pour all the ingredientes: yolks, cornstarch, cinammon stick, orange juice, orange peels, sugar and milk in a pan.

Crema catalana

Crema catalana

2. Heat the mixture at a high heat while mixing with a wire whisk until it becomes thicker. It’s important NOT to let it boil, because we don’t want the egg to set.

Crema catalana

3. Allow to cool in the moulds.

Crema catalana

4. Once cold, add some sugar and burn it using a chef’s torch. (Burnt sugar is delicious!!!) and that’s it!

Crema catalana

As you see, this Crema catalana is veeery easy to prepare! And you’ll love the orange-y flavour it has! So, get ready to prepare it and to repeat! I give you my word!

Crema catalana

If you loved the recipe and you prepared it, you can leave a comment or send me a picture to include it in the Hall of Fame! You can send your pictures to kukinhas@kukinhas.com

And what can we do with the egg whites? A delicious Laza’s white Bica!

1 thought on “Crema catalá / Crema catalana

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *