Crumble de espárragos trigueiros / Wild asparagus crumble

Crumble de espárragos trigueiros

Crumble

Ata o de agora, o crumble sempre se tiña usado para as tortas de mazá, pero a verdade é que a esta receita tamén lle dá un toque orixinal. Por suposto que se non vos gusta, podedes facela sen facerlle o crumble, estará saborosa de calquera das maneiras. Imos aló!

Ingredientes:

– 400 gramos espárragos trigueiros
– 1 cebola
– 1 pemento vermello
– 1/2 vaso de leite
– 1 ovo batido
– 60 gramos de queixo relado

Para o crumble:

– 25 gramos de manteiga
– 50 gramos de fariña
– sal
– noz moscada (opcional)

Preparación paso a paso:

1. Fritimos a cebola, os espárragos e o pemento vermello cortados en anacos. Salgamos.

Crumble

2. Cando xa estean fritidos, engadimos o medio vaso de leite, o queixo relado e o ovo batido e mesturamos ben a lume alto durante uns minutos.

Crumble

3. Botámolo nun molde de forno. Reservamos e preparamos o crumble.

Crumble

4. Coa manteiga a temperatura ambiente, mesturamos a manteiga coa fariña coas mans ata que teña unha textura areosa.

Crumble

5. E esparexémolo por riba do revolto de trigueiros.

Crumble

6. Metémolo no forno a 180°C ata que o crumble colla unha cor dourada. E listo!

image

Un prato nutritivo, saudable, lixeiro, doado e rápido, e ademáis, saborosísimo! Se vos gustan os trigueiros, seguro que este prato vos encanta. Podedes tamén engadirlle outras verduriñas que vos gusten.

Bo proveito!

_______________________________________________________

Wild asparagus crumble

Crumble

Up to now, crumble was basically used in apple crumble, but I can assure you it gives this dish a tasty touch you’ll love. Of course, if you don’t like crumble, you can just take it out, or add cheese, or any other ingredient you like. It will be delicious anyway 😉 Let’s go!

Ingredients:

– 400 gr wild asparagus
– 1 onion
– 1 red bell pepper
– 1/2 glass milk
– 1 beaten egg
– 60 gr grated cheese

For the crumble:

– 25 gr butter
– 50 gr flour
– salt
– nutmeg (optional)

Step by step preparation:

1. Chop and fry the onion, the asparagus e the red pepper. Salt.

Crumble

2. When fried, add the milk, grated cheese and beaten egg. Mix at a high temperature for a couple of minutes.

Crumble

3. Pour the mixture over a baking mould and keep for later.

Crumble

4. Meanwhile, we will prepare the crumble. Mix the butter (at room temperature) with the flour with your hands until it gets a sandy-like texture.

Crumble

5. Spread it over the asparagus mixture.

Crumble

6. Bake it at 180°C/375°F until the crumble gets golden brown. And that’s it!

image

A nutritive, healthy, light, easy and quick dish, and really tasty too! If you like wild asparagus, this dish is perfect for you! You can also add other veggies you like.

Enjoy it!

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.