Revolto de berenxena e Brie / Scrambled eggs with Brie and eggplant

Revolto de berenxena e Brie

Brie eggplant

Hai algún tempo, puxéronme de tapa nun bar un revolto de berenxena e brie e dende aquela quedei coa teima de probar a facelo. E aqui está! Receita sinxela e rápida, que seguro que vos gustará, pois a berenxena e mailo brie fan unha moi boa parella. Imos aló! Continue reading “Revolto de berenxena e Brie / Scrambled eggs with Brie and eggplant”

Xeados de mojito de melón / Melon mojito popsicles

Xeados de mojito de melón

Mojito popsicles

Mesmo semella que vai chegando o verán, así que aí vai a primeira receita de xeados! Que ganiñas tiña xa de poder facer xeados na casa. Recordo de pequena facer xeados de cola cao xunto co meu irmán nuns moldes azuis pequenos que andaban pola casa. Con estes moldes, os xeados sonvos ben sinxelos de facer, así que se tedes oportunidade, mercade un, porque ademáis son moi baratos. Imos aló! Continue reading “Xeados de mojito de melón / Melon mojito popsicles”

Empanadiñas de verduras / Veggies pasties

Empanadiñas de verduras

Empanadiñas

Unha receita saudable, sen demasiadas complicacións e moi sabedeira. Desta vez, fíxenas ao forno, para que foran aínda máis lixeiras, e ademáis, só levan verduriñas, así que vexetarianos e veganos, estade atentos! 😉 Imos aló! Continue reading “Empanadiñas de verduras / Veggies pasties”

Grissini de queixo e ourego / Cheese and oregano grissini

Grissini de queixo e ourego

Grissini

A orixe dos grissini remóntase ao ano 1679 en Torino, cando o cociñeiro da corte do rei – Antonio Brunero – decidiu inventar estes paus de pan para alimentar ao pequeno Víctor Amadeo (futuro Víctor Amadeo II de Savoia), que por mor do seu mal estado de saúde, non podía dixerir ben o miolo do pan. E que boa idea, porque están boísimos! Podedes facer outras versións con sementes de cabaza, pipas, olivas… Imos aló! Continue reading “Grissini de queixo e ourego / Cheese and oregano grissini”

Polo estilo 1906 / Chicken 1906 style

Polo estilo 1906

image

Hoxe tráiovos unha receita de polo ben sinxela e rápida. Aínda que non é unha receita de 1906, pola foto xa sabedes por que lle chamo así 🙂 Podedes, por suposto, empregar outras cervexas, pero esta quédalle moooi ben. Por certo! O día 12 de xullo este blogue estivo de aniversario! Despois dun ano, 119 entradas, 20.000 visitas, e moitas fotos das vosas receitas, só me queda darvos as GRAZAS! Como o aniversario me pillou de visita por Granada, non puiden argallar nada, pero haberá algunha sorpresiña para celebrar o aniversario como toca. Estade atentos! 😉 Continue reading “Polo estilo 1906 / Chicken 1906 style”

Mini tortas de ameixos / Mini plum tarts

Mini tortas de ameixos

Tartaletas

Cando na leira hai unha árbore que ten tantos ameixos que ata as pólas lle chegan ao chan, toca poñerse coas mans na masa e facer algunha receita para aproveitar uns ameixos tan saborosos. Continue reading “Mini tortas de ameixos / Mini plum tarts”