Mini pizzas

Mini pizzas

Mini pizzas

Isto de ter masa de pizza caseira sempre dispoñible é un perigo! Así que desta vez, probei a facer unhas mini pizzas. A idea gústame para unha cea entre amigos, na que queres facer pizzas de varios sabores, ou para aquelas persoas que tendes que levar comida ao traballo. Imos ver como se fan, veredes que sinxelo!

Ingredientes:

– masa de pizza caseira (receita aquí)
– prebe de tomate
– mozzarella relada
– queixo brie
– berenxena
– tomates cherry
– atún
– millo doce
– olivas verdes
– ourego

Preparación paso a paso:

1. Dividimos a masa en 4 boliños. Como a masa pesaba 360 gramos, fixen 4 boliños duns 90 gramos cada un.

Mini pizzas

2. Irémola estendendo ata que quede unha masa circular finiña. Eu fíxeno coas mans, máis concretamente cos dedos, porque non teño tanto xeito co rolo de amasar.

Mini pizzas de brie e berenxena

3. Esparexemos o prebe de tomate e engadimos a mozzarella relada.

4. Cortamos o brie e a berenxena en tiras e os cherry á metade a colocámolos como máis nos guste. Esparexemos ourego.

Mini pizzas

Mini pizza de atún

5. Esparexemos o prebe de tomate e engadimos a mozzarella relada.

6. Engadimos o atún esmigallado, as olivas, omillo doce e os cherry. E esparexemos o ourego.

Mini pizzas

7. Metémolo no forno con calor só por baixo a 200°C/400°F ata que a masa estea douradiña. E listo!

Unha receita desas que a min me encanta, rápida, sinxela e saborosísima. Así que poñédevos mans á masa e a facer mini pizzas 😛

____________________________________________________

Mini pizzas

Mini pizzas

Having homemade pizza dough in the fridge is really dangerous! 😉 This time, I made these mini pizzas. I like them as a snack in a diner with friends, because you can prepare several pizzas with different flavours, and also for those of you who have to take some food to eat at work. So, let’s how to prepare them!

Ingredients:

– homemade pizza dough (recipe here)
– tomato sauce
– grated mozzarella
– brie cheese
– eggplant
– cherry tomatoes
– tuna
– sweetcorn
– green olives
– oregano

Step by step preparation:

1. Divide the dough into 4 little balls. Mine was 360 gr, so .i made 4 of 90 gr/each.

Mini pizzas

2. Knead it until thin giving it a circular shape. I did it with my fingers, because I’m not so good with the rolling pin.

Brie and eggplant mini pizzas

3. Spread the tomato sauce and add grated mozzarella.

4. Cut the brie and the eggplant into strips, the cherry tomatoes in half and put them over the mozzarella as you like it. Sprinkle oregano.

Mini pizzas

Tuna mini pizzas

5. Spread the tomato sauce and add grated mozzarella.

6. Add the tuna, the olives, the sweetcorn and the cherry tomatoes. Sprinkle the oregano.

Mini pizzas

7. Bake it at 200°C/400°F until the dough is golden brown. And that’s it!

One of those recipes I love, easy, quick and super tasty! So, get ready, and prepare these delicious mini pizzas, you’ll love them for sure! 😛

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.