Limoada de framboesa / Pink lemonade

Limoada de framboesa

pink lemonade

Cando fai bo tempo, apetecen lambonadas frescas e sinxelas de facer, nas que non haxa que andar moito na cociña nin usar o forno. E esta receita é perfecta para eses días de calor, unha limoada cun toque de framboesa que lle dará unha duzura extra que vos encantará. Imos aló!

Ingredientes:

– 125 gramos de framboesas
– 125 ml de auga
– 75 gramos de azucre (e algún máis para decorar)
– 3 limóns (1 para decorar)
– 1 litro de auga

Preparación paso a paso:

1. Lavamos as framboesas, cortámolas ao medio e poñémolas a ferver nun cazo xunto cos 125 ml de auga e os 75 gramos de azucre.

Pink lemonade

2. Cando as framboesas estean ben desfeitas, coamos e reservamos o zume.

Pink lemonade

3. Esprememos os limóns, coamos o zume e engadímoslle o litro de auga.

Pink lemonade

Pink lemonade

4. Mesturamos o zume de framboesa e mailo de limón.

Pink lemonade

5. Agora só temos que decorar. Poñemos unha cullerada de limoada nun prato pequeno e poñemos o vaso sobre ela para que se pegue ás beiras.

Pink lemonade

6. Pasámolo por outro prato con azucre para facer o borde de azucre.

Pink lemonade

7. Cortamos unha rodela de limón, facémoslle un pequeno corte ata o centro e poñémola no vaso para decorar. E listo!

Pink lemonade

Xa vedes que sinxela, fresca e rápida é esta limoada! E en canto chegue o bo tempo, seguro que vos animades a facela, porque está boísima.

Pink lemonade

__________________________________________________

Pink lemonade

pink lemonade

When the weather is hot, the only thing we want is having some fresh drinks, don’t you think? And this recipe is perfect for those days, a lemonade with a touch of raspberry juice which will give a sweet twist you’ll love! Let’s go!

Ingredients:

– 125 gr raspberries
– 125 ml water
– 75 gr sugar (+ some to decorate)
– 3 lemons (1 to decorate)
– 1 liter water

Step by step preparation:

1. Wash the raspberries, cut in half and boil them together with the 125 ml water and the sugar.

Pink lemonade

2. When ready, sift the juice and keep for later.

Pink lemonade

3. Squeeze the lemons, sift the juice and add the 1 liter water.

Pink lemonade

Pink lemonade

4. Mix the raspberries juice and the lemons juice.

Pink lemonade

5. Now it’s time to decorate! Pour a tablespoon of lemonade in a plate and put a glass on top, as in the picture, so the juice sticks to the glass edges.

Pink lemonade

6. Put it over another plate with sugar and move it from side to side, so the sugar sticks to it.

Pink lemonade

7. Cut a slice of the lemon, make a cut up to the middle and put it in the glass to decorate it. And that’s it!

Pink lemonade

An easy, fresh and quick lemonade! And as soon as hot weather comes, you’ll be doing it for sure, because it’s delicious!

Pink lemonade

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *