Berenxenas recheas / Stuffed eggplants

Berenxenas recheas

berenxenas recheas

Desta vez, traio 3 receitas nunha. As berenxenas recheas están boísimas, e seguro que se preguntades, cada quen rechéaas de ingredientes diferentes. Eu contareivos 3 recheos distintos que probei e que sei que están ben bos: atún, xamón cocido e carne. Imos aló!

Berenxenas recheas de carne

Ingredientes:

– 2 berenxenas
– 1/2 cebola
– 100 gramos de carne (polo, tenreira, lomo…)
– sal
– queixo

Berenxenas recheas de xamón cocido

Ingredientes:

– 2 berenxenas
– 1/2 cebola
– 10 lascas de xamón cocido (pavo ou xamón iorque)
– sal
– queixo

Berenxenas recheas de atún

Ingredientes:

– 2 berenxenas
– 1/2 cebola
– 2 latas de atún
– sal
– queixo

Preparación paso a paso:

1. Para comezar, temos que vaciar as berenxenas. Cortámolas á metade e, para que nos sexa máis cómodo, podemos metelas uns segundiños no microondas e vacialas cunha culer.

2. Para que se nos fagan máis axiña no forno, eu sempre as meto no microondas para que a carne que queda pegada na berenxena abrande e despois quede no seu punto.

Berenxenas recheas

3. Fritimos a carne da berenxena cortada en dadiños xunto coa media cebola, tamén tiras.

4. Cando xa estean a punto, engadimos o atún (ou o xamón cocido, iorque ou pavo) para que se faga un pouquiño todo xunto e salgamos.

Berenxenas recheas

5. Recheamos as berenxenas e poñémoslle unha lasca de queixo por riba.

Berenxenas recheas

6. Metemos no forno a 180 graos ata que ferva o recheo e o queixo quede lixeiramente torrado.

Se as facemos con carne, engadiremos a carne xunto coa berenxena e a cebola, para que a carne quede ben feita. Se vos gusta, tamén podedes facer a carne con prebe de tomate (á boloñesa) e despois mesturala coa carne da berenxena e a cebola.

De calquera destas 3 maneiras, as berenxenas recheas sempre están de vicio! Se coñecedes algún recheo máis, non dubidedes en comentarmo e engadireino! 🙂

Bo proveito!

____________________________________________

Stuffed eggplants

berenxenas recheas

This time, I decided to write 3 recipes in 1 with different versions of stuffed eggplants. There are multiple varieties, and if you ask, I’m sure that your friends will tell you their own recipes. I will explain you the ones I tried and that I find very tasty: stuffed with tuna, meat and boiled ham. Let’s go!

Eggplants stuffed with meat

Ingredients:

– 2 eggplants
– 1/2 onion
– 100 gr meat (chicken, beef, loin…)
– salt
– cheese

Eggplants stuffed with boiled ham

Ingredients:

– 2 eggplants
– 1/2 onion
– 10 slices boiled ham (or turkey)
– salt
– cheese

Eggplants stuffed with tuna

Ingredients:

– 2 eggplants
– 1/2 onion
– 2 tuna tins
– salt
– cheese

Step by step preparation:

1. First, cut the eggplant in half and scoop out the center. To make it easier, you can heat it for some seconds in the microwave.

2. If you want to prepare them quicker, put them in the microwave until the the meat is somehow boiled and softer.

Berenxenas recheas

3. Fry the chopped 1/2 onion and the chopped eggplant.

4. When almost done, add the tuna (or the boiled ham) and fry a bit until well combined. Salt.

Berenxenas recheas

5. Stuff the eggplant halves and put a slice of cheese on top.

Berenxenas recheas

6. Bake at 180°C/375°F until it boils and the cheese is slightly brown.

If you prepare the meat ones, fry the meat together with the eggplant or before. You can even prepare the meat with some tomato sauce (bolognese) and add it to the eggplant.

Whatever variety you choose, these stuffed eggplants are delicious! If you know more recipes of stuffed eggplants, let me know and I will include them! 😉

Enjoy it!

2 thoughts on “Berenxenas recheas / Stuffed eggplants

    1. Pois próbaas, que seguro que che encantan. Mmm, pois con pementos de piquillo non pinta nada mal, haberá de probar 😉

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *