Torta de cenoria / Carrot cake

Torta de cenoria

Carrot cake

Unha desas tortas pola que devecen mesmo aqueles aos que non lles vai moito a cenoria. De ingredientes sinxelos e preparación rápida, o único problema que ten é que hai que agardar un chisco a que se faga, e non vos imaxinades o cheiriño que sae pola porta do forno, mmm, da gana de meterlle o dente antes de tempo. Non vos asustedes ao ver tantos ingredientes, son todos ben doados de atopar e serviranvos para moitas outras receitas. Imos ver como facer esta saborosa e clásica torta. Continue reading “Torta de cenoria / Carrot cake”

Mini pizzas

Mini pizzas

Mini pizzas

Isto de ter masa de pizza caseira sempre dispoñible é un perigo! Así que desta vez, probei a facer unhas mini pizzas. A idea gústame para unha cea entre amigos, na que queres facer pizzas de varios sabores, ou para aquelas persoas que tendes que levar comida ao traballo. Imos ver como se fan, veredes que sinxelo! Continue reading “Mini pizzas”

Pudin de pan e galletas María / Marie biscuits and bread pudding

Pudin de pan e galletas María

Pudin

Outra receitiña de aproveitamento. E é que ás veces sóbranos pan, e non sabemos que facer con el. E para darlle un toque máis doce, decidín engadirlle unhas galletas María, que sempre lle quedan ben a case todo 😉 Imos aló! Continue reading “Pudin de pan e galletas María / Marie biscuits and bread pudding”

Bacalhau com natas / Cod with cream

Bacalhau com natas

Bacalhau com natas

Encántame o bacallau…fritido, ao forno, à Bráz, en tortilla…pero sen dúbida, unha das miñas receitas favoritas é o Bacalhau com natas. Probei esta saborosa receita portuguesa nun restaurante de Compostela, e dende aquela, sempre que o vexo nunha carta, pídoo! Máis xa ía sendo hora de probar a facelo na casa, e a verdade é que non podo estar máis contenta co resultado, así que agardo que vos atrevades a facelo vós tamén. Imos aló! Continue reading “Bacalhau com natas / Cod with cream”

Torta de cereixas / Cherry cake

Torta de cereixas

Torta de cereixas

Que vicio son as cereixas! Frescas, doces e case adictivas…ponse un a comer nelas e non dá parado. Esta torta é moi sinxela, o máis complicado é ter que sacarlle o óso ás cereixas, pero paga ben a pena por meterlle o dente a esta torta tan boa! Como o molde que usei era bastante grande, quedoume unha torta estreita, pero se tendes un máis pequeno, quedaravos máis altiña. Imos aló! Continue reading “Torta de cereixas / Cherry cake”

Ensalada de lentellas e arroz / Lentils and rice salad

Ensalada de lentellas e arroz

Ensalada lentellas

Agora que semella que se está achegando o bo tempo, é momento de preparar ensaladas. Desta vez, traiovos unha ensalada de lentellas con arroz apta para veganos e vexetarianos. Podedes preparala só con lentellas, máis ao engadirlle o arroz, faredes que sexa máis nutritiva. Ademáis, está boísima e é moi lixeira, rápida e sinxela de preparar. Verán, xa podes chegar, que estamos preparados!!! Imos aló! Continue reading “Ensalada de lentellas e arroz / Lentils and rice salad”