Madalenas de Ferrero Rocher / Ferrero Rocher muffins

Magdalenas de Ferrero Rocher

Magdalenas de Ferrero Rocher

Ás veces ata eu mesma me canso de tanto cupcake, cake pop, …e todas estas larpeiradas que requiren unha chea de ingredientes e moita preparación. Por iso, nesta ocasión, quixen facer unha receita de magdalenas ben sinxela e rápida, pero cun recheo de Nutella e Ferrero Rocher que lle dará un toque saboroso e diferente. Imos aló!

Ingredientes para 8 magdalenas:

– 1 ovo
– 70 ml de leite
– 1/2 sobriño de fermento (uns 8 gramos)
– 100 gramos de fariña
– 70 gramos de azucre
– un chisquiño de sal
– 70 gramos de aceite de oliva suave ou de xirasol
– 15 gramos de cacao
– bombóns Ferrero Rocher
– Nutella

Preparación paso a paso:

1. O primeiro que teremos que facer será meter os Ferrero Rocher no conxelador, para que despois conserven ben a forma no forno.

2. Para facer as magdalenas, batemos o ovo e o leite.

Magdalenas de Ferrero Rocher

3. Engadimos o fermento, a fariña, o azucre, o sal e o cacao e batemos de novo.

Magdalenas de Ferrero Rocher

4. Por último, botámoslle o aceite e mesturamos ben.

Magdalenas de Ferrero Rocher

5. Deixamos repousar a masa durante media hora na neveira.

6. A continuación, vertemos masa cubrindo 1/3 da capacidade do molde para magdalenas. (Xa podemos prender o forno a 200°C)

Magdalenas de Ferrero Rocher

7. Poñemos o Ferrero Rocher conxelado no centro.

Magdalenas de Ferrero Rocher

8. Botamos Nutella por riba do Ferrero e cubrimos con masa ata o borde do molde.

Magdalenas de Ferrero Rocher

Magdalenas de Ferrero Rocher

9. Metemos as magdalenas no forno durante 5 minutos a 200° e 10 minutos a 180°. Para saber se xa están listas, só temos que cravar un escarvadentes no medio da magdalena e se sae limpo, e que xa están.

Magdalenas de Ferrero Rocher

E xa temos listas estas saborosas magdalenas! Están boísimas tanto quentes como frías, e xa vedes que son moi sinxelas de facer. Así que animádevos a preparalas e mandádeme unha foto a kukinhas@kukinhas.com (our por twitter ou facebook, por suposto!)

Magdalenas de Ferrero Rocher

___________________________________________________

Ferrero Rocher muffins

Magdalenas de Ferrero Rocher

I sometimes even get tired of cupcakes, cake pops…and all those sweets so hard to make and with so many ingredientes. That is why I came up with the idea of preparing this easy and quick muffins stuffed with the-always-delicious Ferrero Rocher and Nutella! Looks good, doesn’t it? So let’s go!

Ingredients for 8 muffins:

– 1 egg
– 70 ml milk
– 8 gr baking powder
– 100 gr plain flour
– 70 gr sugar
– a pinch of salt
– 70 gr smooth olive oil or sunflower oil
– 1 tablespoon cocoa
– Ferrero Rocher
– Nutella

Step by step preparation:

1. The first thing we have to do os to put the Ferrero Rocher in the freezer, so they keep the form and the texture while in the oven.

2. For the muffins, whisk the egg and the milk.

Magdalenas de Ferrero Rocher

3. Add the baking powder, flour, sugar, salt and cocoa, and beat again.

Magdalenas de Ferrero Rocher

4. Last, add the oil and whisk.

Magdalenas de Ferrero Rocher

5. Let it settle in the fridge for half an hour.

6. Then, add batter in the muffin mould, covering 1/3. (Now it’s time to heat the oven at 200°C/400°F)

Magdalenas de Ferrero Rocher

7. Put the frozen Ferrero Rocher in the middle.

Magdalenas de Ferrero Rocher

8. Add some Nutella over the Ferrero and add enough batter to fill the muffin mould to the top.

Magdalenas de Ferrero Rocher

Magdalenas de Ferrero Rocher

9. Bake the muffins at 200°C/400°F for 5 minutes and at 180C°/375°F for 10 minutes. The muffins will be ready when a toothpick inserted in the middle of it comes out clean.

Magdalenas de Ferrero Rocher

And here we have these delicious muffins! They’re incredibly tasty either hot or cold. And as you can see, they’re very easy to prepare, so wait no more, get your ingredients ready and send a picture to kukinhas@kukinhas.com (or by facebook or twitter, of course!)

Magdalenas de Ferrero Rocher

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *