Fondue de queixo / Cheese fondue

Fondue de queixo

Fondue de queixo

Cando nos agasallan trebellos coma estes, o mellor que se pode facer é darlle uso. E para iso, que mellor que preparar nós a fondue na casa e deixarnos de fondues preparadas, que non saben nada (e dígoo por propia experiencia). Da fondue, disque a teñen que preparar os homes e que hai que tomala con viño, coma o pulpo, por se o queixo forma unha masa na barriga. Para os que non tomedes viño, tamén se pode tomar con te. Imos ver como preparala, entón.

Ingredientes para a fondue:

– 125 gramos de Comté
– 125 gramos de Gruyère
– 125 gramos de Emmental
– 1 vaso (200 ml) de viño branco (un D. O. Rías Baixas quédalle perfecto)
– sal
– 1 allo
– fariña de millo (opcional)

*Os queixos escollidos dependen un pouco do voso gusto. O Comté dalle un toque suave que a min persoalmente gustame moito. E cuestión de ir probando e así, aproveitamos para preparala máis veces 😉

Ingredientes para acompañar a fondue:

– medio cabaciño
– rabaniños
– pan torrado
– medio berenxena
– tomates cherry
– cenoria

Preparación paso a paso:

1. Co allo, frotaremos a cunca da fondue. Non é un requisito indispensable, pero forma un pouco parte do ritual e daralle bo sabor.

Fondue de queixo

2. Relamos os tres queixos.

Fondue de queixo

Fondue de queixo

3. Poñemos os queixos ao lume. E engadimos o vaso de viño.

Fondue de queixo

4. Teremos que ir remexendo os queixos xunto co viño ata que estean ben desfeitos. Tede en conta que por riba sempre quedará máis líquido.

5. Salgamos. Se vedes que non quedou ben espeso, podedes engadir unha cullerada (15 gramos) de fariña de millo.

Fondue de queixo

6. Mentres tanto, iremos preparando o acompañamento. Só temos que cortar a cenoria e o cabaciño en tiras. Os rabaniños en 4 anacos. Os tomates cherry poñerémolos enteiros, o pan en anacos e a berenxena pasarémola un chisco na tixola. E listo!

Fondue de queixo

Colocaremos a cunca no aparello de fondue co lume prendido e só nos queda coller papar! Ao ataque larpeiriños! 😛

Fondue de queixo

______________________________________________________

Cheese fondue

Fondue de queixo

When we are given something like this, the best thing to do is to use it right away. And the best option is to prepare it at home, and not using those already prepared fondue mixes. About the fondue, it’s said it’s a men’s thing, and that we have to eat it with wine, like the octopus here in Galicia, to prevent the cheese from getting hard in our belly. If you don’t like wine, then you should drink it with tea. Let’s see how to prepare it, then.

Ingredients for the fondue:

– 125 gr Comté cheese
– 125 gr Gruyère cheese
– 125 gr Emmental cheese
– 1 glass (200 ml) white wine (any from the D. O. Rías Baixas will be perfect)
– salt
– 1 garlic clove
– corn flour (optional)

*The kind of cheese depends on your choice. Comté cheese gives it a soft touch I personally like. It’s a matter of experimenting and thus, we will have an excuse to keep on preparing it 😉

Ingredients to dip in the cheese:

– 1/2 zucchini
– radish
– toasted bread
– 1/2 eggplant
– cherry tomatoes
– carrot

Step by step preparation:

1. Rub the garlic clove against the fondue pot. This is not a compulsory step, but it’s somehow part of the ritual and it’ll give it a nice flavour.

Fondue de queixo

2. Grate the 3 cheeses.

Fondue de queixo

Fondue de queixo

3. Heat the cheese and add the glass of wine.

Fondue de queixo

4. Stir the cheese and the wine until melted and well combined. Take into account that the top will be more liquid.

5. Salt it. If you see it’s not thick enough, you can add a tablespoon of corn flour.

Fondue de queixo

6. Meanwhile, cut the rest of the ingredients. We will cut the carrot and the zucchini into strips and the raddish into 4. The cherry tomatoes will be left like that. Chop the toasted bread, cut the eggplant into strios and fry them a bit. And that’s it!

Fondue de queixo

Set the pot over the heat and…the fondue is ready to eat, cheese-lovers! 😛

Fondue de queixo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *