Hamburguesiñas de polo / Chicken mini burgers

Hamburguesiñas de polo

image

Encántanme estas hamburguesas pequeniñas! Son moi cómodas de coller e de comer, e non te pringas nada. Procurei non usar moitos ingredientes e facela o máis sinxela posible, así que agardo que vos guste. Para que vos queden mellor, o ideal é preparalas o día anterior, e deixalas coa forma feita (sen fritir, claro!), así, conservaran mellor a forma e non se vos desfarán nada. Imos aló!

Ingredientes para unhas 7/8 hamburguesiñas:

– 200 gramos de peituga de polo
– 1/4 cebola
– 1 allo
– 1 cullerada de pan relado
– sal
– leituga, tomates cherry e queixo
– patacas fritidas para acompañar (opcional)

Preparación paso a paso:

1. Picamos nunha picadora a peituga, a cebola e mailo allo. O mellor é picalo todo xunto para que nos queden tódolos ben mesturados.

Mini hamburguesas

2. Salgamos a mestura, engadimos a cullerada de pan relado e mesturamos coas mans.

Mini hamburguesas

3. Formamos mini hamburguesas. Seguramente se vos pegue algo ás mans, polo que o máis recomendable e lavalas de cada vez deixándoas un pouco húmidas, para que nos sexa máis doado de facer.

Mini hamburguesas

4. Gardámolas na neveira tapadas con film transparente. A min saíronme 7, pero dependendo do anchas que as fagases, poderedes obter máis ou menos. A min gústanme gordiñas, e estas terán un dedo de ancho.

5. Ao día seguinte, ou ao cabo dunhas horas, sacámolas da neveira e fritímolas. Como eran anchiñas, houben de fritilas a lume baixo ata que por dentro estaban feitas e por fora torradiñas.

Mini hamburguesas

6. Colocamos o pan da mini hamburguesa, engadimos un pouco de queixo, colocamos a hamburguesa enriba, engadimos leituga e medio tomate cherry e tapamos. E listo!

Mini hamburguesas

Xa vedes que cousa máis sinxela, que boa pinta ten e o boa que está (que iso non o vedes, pero xa volo digo eu) 😉 Unha opción saudable, rápida e que gustará a todos! Agardo que vos gustara a receita e que vos animedes a preparalas!

E se vos gustou a receita e a preparades, non vos esquezades de comentar ou sacarlle unha fotiño para poñela no Salón da Fama! Podedes enviar as vosas fotografías a kukinhas@kukinhas.com

________________________________________________________

Chicken mini burgers

image

I love these tiny burgers! They’re so easy to take and eat! And you won’t end up with your hands dirty 🙂 I tried to prepare tem as easy as possible so I didn’t use a lot of ingredients. For them to keep their shape, the best thing is to make them (to form them, I mean, without frying them) the previous day, or in the morning if you’ll eat them in the afternoon. Let’s go!

Ingredients:

– 200 gr chicken breast
– 1/4 onion
– 1 garlic
– 1 tablespoon breadcrumbs
– salt
– lettuce, cherry tomatoes and cheese
– french fries (optional – as a side)

Step by step preparation:

1. Chop the chicken, onion and garlic in a food processor until all well integrated.

Mini hamburguesas

2. Salt it, add the breadcrumbs and knead until combined.

Mini hamburguesas

3. Form mini burgers. The mixture will be sticky, so it’s better if you wash your hands for every burger and keep them a little bit wet.

Mini hamburguesas

4. Put them in the fridge covered by some plastic wrap. I got 7 burgers, but depending on how thick they are, you’ll get more or less. Mine were quite thick, about 2 cm.

5. Next day, or after a couple of hours, fry them. As they were thick, I fried them at a low temperature until they were done and succulent in the inside, and brown and toasted in the outside.

Mini hamburguesas

6. Put over a burger bun with some cheese on, add the lettuce and half cherry tomato, and the other half of the bun. And that’s it!

Mini hamburguesas

You see how easy, good-looking and delicious these burgers are. (Well, you can’t see the flavour, but trust me! They’re yummy yummy!) A healthy and quick dish everyone will love. I hope you like it! 😉

So if you loved the recipe and you prepared it, you can leave a comment or send me a picture to include it in the Hall of Fame! You can send your pictures to kukinhas@kukinhas.com

4 thoughts on “Hamburguesiñas de polo / Chicken mini burgers

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *