Pizza de catro queixos con borde recheo / Cheese stuffed crust pizza

Pizza de catro queixos con borde recheo de queixo

Cheese pizza

E de novo unha receita de pizza! Desta vez, unha receita de pizza de catro queixos para roedores e tolos polo queixo. Así que se vos considerades fans do queixo, esta é a vosa receita. E coma sempre, unha receita sinxela e coa masa de pizza caseira. Ademáis, tamén aprenderemos a como facer a beira da pizza rechea. Imos aló!

Ingredientes:

– masa de pizza caseira
– queixo de Arzúa Ulloa
– queixo Idiazabal
– queixo Stilton con arandos vermellos
– mozzarella
– 1 tomate
– prebe de tomate
– ourego

*Os queixos empregados poden, por suposto, variar segundo os vosos gustos.

Preparación paso a paso:

1. Preparamos a masa caseira de pizza, seguindo esta receita.

2. Estiramos a masa, procurando que teña ou ben forma rectangular ou ben forma circular.

3. Cortamos o queixo en bastonciños. (Neste caso, empreguei o Idiazabal, pero calquera queixo vos valerá. E canto máis cremoso, mellor!) E colocámolos arredor da masa a un dedo de distancia, máis ou menos. Iremos tapa do o queixo, procurando pegar ben as beiras da masa, para que non se nos abra no forno.

masa de pizza

4. Engadimos os ingredientes. O prebe de tomate, a mozzarella, o Arzúa-Ulloa, o Idiazabal e o Silton. Engadimos o tomate natural cortado e esparexemos un chisco de ourego.

Cheese pizza

5. Metémola no forno a 200 graos ataque a base estea ben torradiña e listo!

cheese pizza

Agora só nos queda o mellor, comela! 🙂 Bo proveito!

Se vos gustou a receita e a preparades, non vos esquezades de comentar ou sacarlle unha fotiño para poñela no Salón da Fama! Podedes enviar as vosas fotografías a kukinhas@kukinhas.com

_________________________________________________

Four cheeses pizza with cheese stuffed crust

Cheese pizza

Again, a homemade pizza recipe. This time, a recipe for cheese lovers. So, if you consider yourself a cheese fan, this is your pizza!

Ingredients:

– homemade pizza dough
– Arzúa-Ulloa cheese
– Idiazabal cheese
– cranberry Stilton cheese
– mozzarella
– 1 tomato
– tomato sauce
– some oregano

*The cheeses may, of course, vary depending on your preferences.

Step by step preparation:

1. Prepare the homemade pizza dough. Recipe here.

2. Roll the pizza dough until square or round form.

3. Cut the cheese into strips. (I used the Idiazabal one, but you can choose whatever cheese you like. The softer, the better!) And place them all over the pizza, next to the edges, leaving a space of around a finger size. And then, bend the pizza dough so it covers the cheese and make some pressure over the dough to stop it from moving when baking.

masa de pizza

4. Add the rest of the ingredients: tomato sauce, mozzarella, Idiazabal, Stilton and Arxua-Ulloa. Cut the tomato and place it over the cheese. And sprinkle some oregano.

Cheese pizza

5. Bake it at a temoerature of 200°C/400°F until the base is golden brown. And that’s it!

cheese pizza

And now…ladies and gentlemen…the best part of the show, eat the pizza!!! Enjoy 😉

If you loved the recipe and you prepared it, you can leave a comment or send me a picture to include it in the Hall of Fame! You can send your pictures to kukinhas@kukinhas.com

4 Comments

  1. Bolboretasnobandullo

    Non sei en que pizzaría vin este modelo de pizza e xa quedara con ganas de probala na casa. Moi moi boa pinta! Ten que estar super cremosa 😉 Bicos!

    • kukinhas

      Siii! A verdade é que está moi boa, e seguro que che queda moi saborosa 🙂 Xa me contarás cando a probes. Bicos

  2. Estou pensando en queixo azul para os bordes… :)___

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.