Chocogalletas / Cocoa cookies

Chocogalletas

image

Unha larpeirada ben sinxela, apta para aqueles que non poden tomar ovo e cuns ingredientes ben doados de atopar e que todos nós podemos ter pola casa. Unha receita de emerxencia para cando queremos facer unha lambonada rápida e saborosa. Imos aló!

Ingredientes para 15 galletas:

image

– 115 gramos de margarina
– 60 gramos de azucre en po
– 25 gramos de fariña de millo
– 20 gramos de cacao
– 150 gramos de fariña de trigo

*E se non as queredes de cacao, abonda con cambiar os 20 gramos de cacao por 20 gramos fariña de trigo.

Preparación paso a paso:

1. Mesturamos a margarina co azucre.

image

2. Engadimos o resto dos ingredientes e mesturamos. Ao principio, poderémolo facer coas varillas, máis unha vez que xa estea mesturado, teremos que poñernos coas mans na masa.

image

3. Cando a masa estea lista, metémola na neveira durante uns 20 minutos.

image

4. Formamos boliñas e esmagullámolas un chisco para que teñan forma de galleta. Se queredes que vos saian todas igualiñas, podedes pesalas. Eu fíxenas duns 25 gramos cada unha e saíronme 15 galletas sen sombrarme nada (de chiripa, claro!)

image

5. Metémolas no forno prequentado a 190 graos. O tempo no forno dependerá de como vos gusten máis as galletas. Se as deixades sobre 10 minutos, quedarán cunha textura similar á dos brownies, como vedes na imaxe, e serán ideais para mollar no leite (pois quedan máis húmidas) e se as deixades máis tempo, uns 25 minutos, quedarán máis areosas e perfectas para tomar así.

image

E listo! Xa temos unhas deliciosas galletas de cacao, que gustarán a tódolos chocoadictos! 🙂

________________________________________________________

Cocoa cookies

image

An easy cookies recipe, with no egg and really easy to find ingredients. A recipe we can prepare when having to do some cookies right away! So let’s see how to do them.

Ingredients for around 15 cookies:

image

– 115 gr butter
– 60 gr powdered sugar
– 25 gr corn flour
– 20 cocoa
– 150 all purpose flour

*And if you prefer them without cocoa, just change the 20 gr cocoa for 20 gr all purpose flour.

Step by step preparation:

1. Mix butter and powdered sugar.

image

2. Add the rest of the ingredients and mix well. First, you do it with a wire whisk, then you’ll need your hands 😉

image

3. When the dough is ready, put in the fridge for 20 minutes.

image

4. Form little balls and then smash them to give them cookie form. If you want all of them to have the same size, you can weight them. Mine were 25 gr each.

image

5. Bake them at 190°C / 390°F. The time will depend on how you like cookies. If you like them soft and brownie-like texture, with 10 minutes will be enough. If you prefer them crunchy, bake them for at least 25 minutes.

image

And that’s it! Here we have these delicious cookies, perfect for chocoholics!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *