Croquetas de verduriñas / Veggies croquettes

Croquetas de verduriñas

Croquettes

En principio non pensara poñer esta receita no blogue porque non sabía como ía quedar, pero visto o seu excelente sabor e o éxito que tivo nas redes sociais, aqui está! É unha receita moi sinxela e gustará a todos aqueles aos que vos gusten as verduriñas. Imos aló!

Ingredientes para unhas 20 croquetas:

– 1/2 cabaciño
– 1 cenoria
– 1/2 cebola
– fariña e leite para a bechamel
– fariña, ovo e pan relado para o rebozado

Preparación paso a paso:

1. Relamos cun relador de queixo o cabaciño e maila cenoria. (O cabaciño laveino ben e púxeno coa pel, para que lle dera unha cor verde ás croquetas).

2. Picamos a cebola finiña e fritimos tódolos ingredientes con 3 culleradas de aceite de oliva e sal ata que todos estean ben fritidos.

3. Engadimos 3 culleradas de fariña e co lume máis baixo, iremos “fritindo” a fariña. Así, a fariña perde ese sabor intenso e non se notará nada o seu sabor.

4. Engadimos o leite. Desta vez, non medín a cantidade de leite, pero máis ou menos creo que será un vaso de leite. Iremos engadíndoo pouco a pouco ata que non estea moi pastosa, pero tampouco moi líquida, cunha textura similar á do puré de patacas.

5. Deixámola arrefriar nun molde e tapamos a masa cun anaco de papel transparente para que a masa non faga unha capa dura por riba.

image

6. Cando xa estea a masa fría, dámoslle a volta sobre unha táboa e cortámola en cadradiños para que non saian máis ou menos todas as croquetas iguais.

7. Iremos facendo boliñas (ou con forma de croquetas, se vos gusta máis) e pasarémolas por fariña, ovo e pan relado.

8. Fritirémolas en abundante aceite ben quente, botando poucas croquetas (unhas 3 ou 4) de cada vez, para que non arrefríe o aceite e se fagan todas por igual.

E listo! Quentes, frías…están de vicio de tódalas maneiras! Xa estou argallando outra receita para incluir máis verduriñas! Agardo que vos gustara e as fagades 😉

__________________________________________________

Veggies croquettes

Croquettes

I haven’t thought about writing this recipe on the blog because I didn’t know about the result, but as the flavour was incredible and it was a success on twitter, here it is! It’s very easy and all people who like veggies will love these croquettes! Let’s go!

Ingredients for around 20 croquettes:

– 1/2 zucchini
– 1 carrot
– 1/2 onion
– flour and milk for the white sauce
– flour, egg and breadcrumbs to coat

Step by step preparation:

1. Grate the zucchini and the carrot with a cheese grater. (I washed the zucchini and grated the skin too).

2. Finely chop the onion and fry all the ingredients with 3 tablespoons of olive oil and some salt until they’re all done.

3. Add 3 tablespoons of flour and in a low-medium heat, “fry” the flour. Thus. The flour will lose its intense flavour and you won’t notice its flavour in the croquette.

4. Add the milk. I don’t know exactly how much milk I’ve used, but it must be around a cup. Add it bit by bit, until the texture is neither too thick nor too liquid, more or less a smashed potato texture.

5. Let it cool in a mould covered by a plastic wrap to stop the croquette dough from forming a hard layer on top.

image

6. When it’s cold, toss it over a cutting board, and cut it into little squares to get croquettes of the same size.

7. Form little balls (or croquette form ones) and coat them in flour, egg and breadcrumbs.

8. Fry them in plenty of oil, so it covers approximately half the croquette. Don’t fry a lot of croquettes at a time, just 3 or 4, to prevent the oil from getting cold.

And that’s it! Hot, cold… they’re tasty anyway! I’m already thinking about another croquettes recipe with more veggies. I hope you like them and prepare them! 😉

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *