Vasiños de pratanoffee / Banoffee cups

Vasiños de pratanoffee

Banoffee

Desta vez, tráiovos unha versión máis sinxela dun postre ben coñecido, posto que o orixinal é unha torta, cousa que nos levaría moito máis tempo. Así, nos vasiños, quédanos moi ben presentado e non se tarda nada en preparalo. Na receita orixinal emprégase tona, pero para facelo máis lixeiro, empreguei iogur natural e queixo crema, e a verdade é que quedou ben rico! Ah! E tamén vos poño a receita do toffee caseiro! Imos aló!

Ingredientes para o toffee caseiro:

– 50 gramos de azucre
– 90 ml de tona (35% materia graxa)
– unhas pingas de auga

Ingredientes para o pratanoffee:

– toffee caseiro
– 1 iogur natural
– 90 gramos de crema de queixo
– 2 culleradas de azucre
– galletas (eu empreguei unhas galletas de caramelo)
– 1 prátano

Preparación paso a paso:

1. Primeiro prepararemos o toffee. Para iso, quentamos os 50 gramos de azucre cunhas pingas de auga, como se foramos preparar caramelo.

caramelo

2. Cando xa teña a cor axeitada (marrón dourado) e o azucre estea todo desfeito, sacaremos o cazo do lume. Quentaremos a tona no microondas e engadirémola pouco a pouco. Tede coidado porque pode ferver ou saltar, así que engadídea pouco a pouco e con moito tino.

caramelo

toffee

3. Poñéde o toffee a ferver ata que estea ben integrado, remexendo sen parar e co lume non moi alto para que non se queime. E deixámolo arrefriar.

toffee

4. Mentres, mesturamos o iogur, o queixo crema e o azucre coa batedora. E metémolo durante uns 15 minutos na neveira para que asente, e espese un chisco.

yogur

5. Agora xa temos tódolos ingredientes preparados. Só temos que desfacer as galletas e cortar o prátano en anaquiños. As cantidades e a orde podédelas variar segundo vos guste máis. Eu fun poñendo galleta, mestura de iogur, toffee, prátano, mestura de iogur, toffee, prátano e galleta. E listo!

banoffee

Como vedes, rápido, sinxelo e moi saboroso. Ademáis, o toffee caseiro poderédelo empregar para moitos outros postres: recheo para biscoitos ou magdalenas, para tomar con galletas, en torradas…e, por suposto, nestes deliciosos vasiños de pratanoffee!

banoffee

_________________________________________________________

Banoffee cups

Banoffee

Here we have an easier and quicker version of a well-known dessert! In this cups, it looks really yummy and it’s really quick to prepare. In the original version, one of the ingredients is cream, but we will be using yoghurt and cream cheese instead, to make it lighter and healthier. Oh! And we will also prepare a homemade toffee cream you’ll love! Let’s go!

Homemade toffee cream ingredients:

– 50 gr sugar
– 90 ml heavy cream
– some water drops

Banoffee cups ingredients:

– homemade toffee
– 1 yoghurt
– 90 gr cream cheese
– 2 tablespoons sugar
– cookies (the ones I used are caramel cookies)
– 1 banana

Step by step preparation:

1. First, let’s prepare the toffee cream. Heat sugar in a pan with some water drops to prepare homemade caramel.

caramelo

2. When the caramel is ready, take it out of the heat. Boil the cream in the microwave and pour it over the caramel in three times. Do it slowly and being very careful because the caramel can boil really hard and it burns a lot.

caramelo

toffee

3. Heat it until well integrated. When ready, let it cool.

toffee

4. Meanwhile, mix the yoghurt and the cream cheese with a blender or a wire whisk. Put it in the fridge for at least 15 minutes until settle and thicker.

yogur

5. Now we have all the ingredients ready. Crumble the cookies and chop the banana. The quantity and the order of the ingredients may very depending on your preferences. I started with cookies, then cheese yoghurt, toffee, banana, cheese yoghurt, toffee banana and again, cookies. And that’s it!

banoffee

As you can see, it’s easy, quick and looks delicious. Besides, you can use homemade toffee to a lot more recipes: cookies, sponge cakes, muffins…and, of course, to prepare these delicous banoffee cups!

banoffee

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *