Ensaimadiñas / Little Ensaimadas

Ensaimadiñas

Ensaimadas

Cando me agasasllan cun libro de cociña, acostumo a deixarme levar polo que me din os meus ollos e escoller a receita que mellor pinta me ten. E desta vez, non foi distinto. Continue reading “Ensaimadiñas / Little Ensaimadas”

Empanada de millo de berberechos / Galician cockles empanada

Empanada de millo de berberechos

empanada millo

Cando un ten un blogue de cociña, aproveita para facer todas esas receitas que sempre quixo facer, ou polo menos todas aquelas que lle gusta papar. E a empanada de millo é unha das miñas preferidas. Gústame con berberechos, con xoubas, con bacalao, con zamburiñas (desta seguro que haberá receita!) e case con calquera ingrediente! Aterraba un pouco a idea de facela porque todo o mundo me dicía: esa empanada é moi mala de facer, porque a masa non liga. E é ben certo que non liga, pero xa vos digo que iso non a fai complicada e polo resultado ben vale a pena. Así que xa vedes que non hai excusa. Imos aló! Continue reading “Empanada de millo de berberechos / Galician cockles empanada”

Madalenas de Ferrero Rocher / Ferrero Rocher muffins

Magdalenas de Ferrero Rocher

Magdalenas de Ferrero Rocher

Ás veces ata eu mesma me canso de tanto cupcake, cake pop, …e todas estas larpeiradas que requiren unha chea de ingredientes e moita preparación. Por iso, nesta ocasión, quixen facer unha receita de magdalenas ben sinxela e rápida, pero cun recheo de Nutella e Ferrero Rocher que lle dará un toque saboroso e diferente. Imos aló! Continue reading “Madalenas de Ferrero Rocher / Ferrero Rocher muffins”

Fondue de queixo / Cheese fondue

Fondue de queixo

Fondue de queixo

Cando nos agasallan trebellos coma estes, o mellor que se pode facer é darlle uso. E para iso, que mellor que preparar nós a fondue na casa e deixarnos de fondues preparadas, que non saben nada (e dígoo por propia experiencia). Da fondue, disque a teñen que preparar os homes e que hai que tomala con viño, coma o pulpo, por se o queixo forma unha masa na barriga. Para os que non tomedes viño, tamén se pode tomar con te. Imos ver como preparala, entón. Continue reading “Fondue de queixo / Cheese fondue”

Hamburguesiñas de polo / Chicken mini burgers

Hamburguesiñas de polo

image

Encántanme estas hamburguesas pequeniñas! Son moi cómodas de coller e de comer, e non te pringas nada. Procurei non usar moitos ingredientes e facela o máis sinxela posible, así que agardo que vos guste. Para que vos queden mellor, o ideal é preparalas o día anterior, e deixalas coa forma feita (sen fritir, claro!), así, conservaran mellor a forma e non se vos desfarán nada. Imos aló! Continue reading “Hamburguesiñas de polo / Chicken mini burgers”

Pizza de catro queixos con borde recheo / Cheese stuffed crust pizza

Pizza de catro queixos con borde recheo de queixo

Cheese pizza

E de novo unha receita de pizza! Desta vez, unha receita de pizza de catro queixos para roedores e tolos polo queixo. Así que se vos considerades fans do queixo, esta é a vosa receita. E coma sempre, unha receita sinxela e coa masa de pizza caseira. Ademáis, tamén aprenderemos a como facer a beira da pizza rechea. Imos aló! Continue reading “Pizza de catro queixos con borde recheo / Cheese stuffed crust pizza”