Boliños preñados caseiros / Home-made chorizo rolls

Boliños preñados caseiros

image

Da outra vez que fixen os boliños foi porque, aproveitando que fixen o pan, decidín meter un chouriciño en dous anacos do pan, pero tiña pendente dende aquela facer uns boliños preñados como teñen que ser! Para ser a primeira vez que experimento, estou máis que contenta co resultado. Con dicirvos que fixen 8, e no que pasaron unhas horas, só quedaban 3…xa vos digo todo! Así que se vos gustan os boliños preñados, collede papel e boli (ou móbil), apuntade os ingredientes e a poñerse mans á masa!

Ingredientes:

image

– 500 gramos de fariña de forza
– 3 gramos de fermento instantáneo de panadeiro* / 10 gramos de fermento fresco
– 200 ml de auga
– 100 ml de leite
– 2 culleradiñas de sal
– chourizos (eu empreguei dos pequenos, chamados de pincho)

*Eu merquei o de Vahiné porque foi o que atopei no super

Preparación paso a paso:

1. Mesturamos tódolos ingredientes e amasamos. A masa queda húmida, pero non pegañenta. E resulta moi sinxela de amasar.

image

2. Poñemos a masa nun bol tapada cun trapiño nun sitio quente e deixaremos que levede durante 1/2 hora (se tedes apuro) ou 1 hora.

image

3. A masa pesa uns 800 gramos, polo que formamos 8 boliñas de 100 gramos.

image

image

4. Cos dedos, esmagallamos cada boliña ata quedar como unha tortita.

image

5. Poñemos os chourizos sobre a masa.

image

6. Cerramos a masa cara adentro, estirando as beiras cara arriba, cerrando o boliño. Dámoslle a volta e formamos unha bola coas mans.

image

image

image

7. Deixamos repousar a masa durante outra media horiña. Mentres tanto, prendemos o forno a 220°C e poñemos unha cunca (ou un molde de forno) con auga na parte de abaixo do forno para que haxa máis humidade e os nosos boliños saian ben sabedeiros.

image

8. Metemos os boliños no forno e baixamos a temperatura a 200°C. Puxen os boliños de 4 en 4, pero podedes poñer os 8 xuntos, pois medran cara arriba e non ocupan moito máis do que o fan crus. Estarán listos cando xa estean lixeiramente dourados por riba, uns 20 minutos. Cando os saquemos do forno, deixarémolos sobre a grella ata que arrefrien (se sodes quen de agardar 😉 )

image

E listo!!! Xa vedes que é unha receita sinxela, sen ingredientes complicados e que está de vicio! Estou segura de que se a facedes, repetiredes! Eu xa estou pensando en repetir… 😛

image

**Se vos gustou a receita e a preparades, non vos esquezades de comentar ou sacarlle unha fotiño para poñela no Salón da Fama! Podedes enviar as vosas fotografías a kukinhas@kukinhas.com

______________________________________________

Home-made chorizo rolls

image

When I prepared chorizo rolls in this recipe, I did it because I had the bread prepared and some chorizos at home. But as I love chorizo rolls, I decided to dedicate a whole recipe to them! 🙂 Being the first time I prepare them, I must admit I’m really happy with the result! And I must confess that after a couple of hours, out of 8, there was only 3 chorizo rolls left, so…take some paper, a pen, write the ingredients and get ready to prepare and taste these amazingly delicious chorizo rolls!

Ingredients:

image

– 500 gr hard wheat flour
– 3 gr instant yeast* (baker’s yeast) / 10 gr fresh yeast
– 200 ml water
– 100 ml milk
– 2 teaspoons salt
– chorizos (I used some little ones)

*I bought the Vahine one

Step by step preparation:

1. Mix all the ingredients well and knead. The dough will be humid, but not sticky. It’s easy to knead.

image

2. Put the dough in a bowl covered by a cloth and let it leaven for half an hour (if you’re in a hurry) or an hour.

image

3. The dough weighs c. 800 grams, so form 8 little balls of 100 grams each.

image

image

4. With your fingers, smash each ball until it looks like a thick pancake.

image

5. Put the chorizos over them.

image

6. Close the dough, putting the sides on top, turn the balls over and give them form with your hands.

image

image

image

7. Let it leaven for another 1/2 an hour. Meanwhile, preheat the oven at 220°C/425°F and put a bowl of water in the lowest part of the oven. Thus, the oven will be humid and the chorizo rolls will be incredible!

image

8. Bake the rolls and set the oven at a temperature of 200ºC/400°F. I baked 4 because I thought they were going to grow too much, but I think you can bake the 8 at a time. They’ll be ready when slightly brown on top, around 20 minutes. Allow to cool over a wire rack.

image

And that’s it!!! As you see, it is easy, no need of complicated ingredients and you’ll love the result. I’m sure that if you prepare them, you’ll repeat right away! I’m already thinking about next time…

image

**If you loved the recipe and you prepared it, you can leave a comment or send me a picture to include it in the Hall of Fame! You can send your pictures to kukinhas@kukinhas.com

2 thoughts on “Boliños preñados caseiros / Home-made chorizo rolls

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *