Cangrexos de chocolate / Chocolate croissants

Cangrexos de chocolate

cangrexo

Unha receita moi rápida, sinxela e que ademáis dá un resultado xenial. Non saben como os da pastelaría, porque a masa non é a mesma, pero pódennos sacar dun apuriño e ter un postre saboroso nun intre! O do nome é porque, sempre que os vexo, a min parécenseme a cangrexos (ou caranguexos), así que aí lle vai o nome! 😉 Imos ver como se fan!

Ingredientes para 24 cangrexos:

– 1 lámina de masa de follado
– nutella (ou nocilla, chocolate…)
– 2 culleradas (30 gramos) de manteiga

Preparación paso a paso:

1. Extendemos a masa de follado e derretemos a manteiga.

image

image

2. Cun pinceliño ou unha culler, esparexeremos manteiga sobre a masa, para que despois queden máis esponxosos.

image

3. Agora temos que cortar a masa. Primeiro en dúas metades, que tamén cortaremos á metade. E despois faremos dous corte no outro sentido, quedándonos 12 cadradiños. E cortaremos cada cadrado en dous cunha liña diagonal, para que nos queden dous triángulos de cada cadrado.

image

image

4. Engadimos unha culleradiña pequena de nutella na parte ancha do triángulo.

image

5. E agora enroscamos. Comezamos pola parte ancha, procurando que non se nos escape a nutella. Poñemos as puntas cara adentro dándolle forma de cangrexo. E a parte estreita, a puntiña do triángulo, deberá quedar debaixo do cangrexo, senón, no forno, levantarase (dígoo por experiencia propia!) 😉 Pintaremos a parte de arriba dos cangrexos coa manteiga que nos sobrou.

image

image

image

6. Metémolos no forno a 200° durante uns 15 minutos, ou ata que estean lixeiramente dourados por riba.

image

E listo! Quentes están boísimos, pero ollo, non vos queimedes! Unha vez que estean fríos, podedes comelos así, ou quentalos 10 segundos no microondas, están de vicio!

**Se vos gustou a receita e a preparades, non vos esquezades de comentar ou sacarlle unha fotiño para poñela no Salón da Fama! Podedes enviar as vosas fotografías a kukinhas@kukinhas.com

__________________________________________________________

Chocolate croissants

cangrexo

A quick and easy recipe with an excellent result! They’re not like the bakery’s ones, because the dough is not the same, but they’re super quick and tasty! Let’s see how to do them!

Ingredients for 24 croissants:

– 1 square of shortcrust pastry
– nutella (or chocolate…)
– 2 tablespoons butter

Step by step preparation:

1. Prepare the pastry and melt the butter.

image

image

2. With a pastry brush or a spoon, spread the butter over the pastry. Thus, the pastry will be softer.

image

3. Time to cut the pastry. First, cut it in halves, and those halves into other two. Then, cut into three pieces and you’ll get 12 squares. Cut those 12 squares into two from the left corner to the right one, getting 2 triangles.

image

image

4. Add a little teaspoon of nutella over the wide part of the triangle.

image

5. Now, roll the triangles. Start with the wide part, trying to hide the nutella 😉 Turn the sides and hide the point of the triangle under the croissant, because if you don’t do that, they will rise in the oven (I know because it actually happened to me!) Spread some butter over the croissants.

image

image

image

6. Put them in the oven for around 15 minutes at 200°C/400°F or until golden brown on top.

image

And that’s it! When hot, they’re incredibly tasty, but be careful, they’re too hot on the inside. When cold, you can eat them like that, or heat them in the microwave for 10 seconds, they’re amazing!

**If you loved the recipe and you prepared it, you can leave a comment or send me a picture to include it in the Hall of Fame! You can send your pictures to kukinhas@kukinhas.com

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *