Como preparar sushi / How to prepare sushi

Como preparar sushi

image

Agora que xa temos o arroz listo, queda o máis divertido, preparar os distintos tipos de sushi. Os meus preferidos son os maki, os que levan a alga nori por fora, e en canto aos recheos…imaxinación ao poder! Imos ver como se fai paso a paso!

Como xa vos dixen, os ingredientes para o recheo varían moito segundo os gustos, estes son os que eu empreguei.

Ingredientes:

image

– queixo crema
– queixo San Simón
– marmelo
– nutella (con queixo = saborosísimo)
– aguacate
– paus de cangrexo
– gambas
– lagostinos
– salmón afumado

E, por suposto, alga nori.

Preparación paso a paso de MAKIS:

1. Primeiro, temos que preparar o que será o noso espazo de traballo. Precisamos un coitelo de folla ancha, unha cunca con auga (que empregaremos para mollar as mans de cada vez, xa que o arroz é pegañento), un bol co arroz de sushi preparado, unha especie de esterilla de bambú que se emprega para enrolar o sushi e media alga nori colocada sobre ela.

image

2. Unha vez teñamos todo listo, só temos que coller unha boliña de arroz e ila colocando sobre a alga cos dedos, como beliscando o arroz para que quede repartido pola alga.

image

image

3. Deixaremos un espazo sen arroz pola parte de arriba da alga, do tamaño dun dedo máis ou menos, para que despois a alga quede pegadiña ao cerrala.

image

4. Poñemos o recheo cortado en tiras no centro do arroz, xa sexan os paus de cangrexo, o aguacate, o queixo, o salmón ou o marmelo.

image

image

image

POR CERTO!!! Os de queixo con marmelo están boííísimos!!! Se nunca os probastes, non agardedes máis porque están de medo!

image

5. Enroscaremos a alga coa axuda da esterilla, presionando o recheo cos dedos para que non se nos mova.

image

6. Apertamos ben. Enroscamos de novo, e apertamos firmemente.

image

image

7. Retiramos a esterilla e listo para cortar! Co coitelo húmido, primeiro cortámolo á metade. Xuntamos as dúas partes e faremos dous cortes máis (sempre co coitelo húmido), quedándonos uns 6 makis.

image

image

image

E xa temos os makis listos para comer!!!

Podemos facelos doces ou salgados. Con nutella tamén están ben sabedeiros! 🙂

EBI NIGIRI

image

Preparación paso a paso de EBI NIGIRI:

Para preparar este tipo de sushi, precisamos lagostinos enteiros e unha boliña de arroz.

1. Pincharemos os lagostinos cun escarvadentes para que, despois de cocelos, queden rectos e non se encaracolen. Así, poderemos colocalos enriba do arroz sen problema.

image

2. Cocemos os lagostinos durante 2 minutos dende que ferva.

3. Sacamos o escarvadentes, pelámolos e abrímolos ao medio cun coitelo ben afilado, sen chegar ata o outro extremo, para que non rompan

4. Formamos unha boliña de arroz. Colocámola entre o polgar e o índica, apertando un pouco. E co índice da outra man, achatámolo para que quede máis pequeno.

image

image

5. Botamos un chisco de vinagre de arroz sobre o lagostino, poñémolo enriba do arroz e volvemos apertalo entre os dedos para que quede ben integrado e non se nos caia ao collelo cos palillos 😉

image

E agora só queda o mellor, meterlles o dente!!! 😛

**Se vos gustou a receita e a preparades, non vos esquezades de comentar ou sacarlle unha fotiño para poñela no Salón da Fama! Podedes enviar as vosas fotografías a kukinhas@kukinhas.com

__________________________________________________

How to prepare sushi

image

Now the rice is ready, we get to the funniest part, prepare the sushi! My favourite are the makis, those with the Yaki Nori seaweed around. And the best thing about sushi is that you can choose your favourite ingredients. These are the ones I used:

image

– cheese cream
– San Simon cheese
– nutella
– quince jelly (with cheese = extra yummy!)
– kingcrab sticks
– avocado
– smoked salmon
– shrimps
– prawns

And, of course, Yaki Nori seaweed.

MAKIS step by step preparation:

1. First, we need to prepare the cooking area. We need a wide-bladed knife (ex. Santoku), a cup of water (to moisten our hands to manipulate the sticky rice), a bowl with some rice, the bamboo mat and half Nori over it.

image

2. Take some rice and spread it over the Nori using your fingers, as if pinching the rice.

image

image

3. Leave about an inch of nori without rice at the top.

image

4. Fill in the rice with the chosen ingredients, cut into strips.

image

image

image

BTW!!! The quince jelly and cheese combination is absolutely delicious! If you haven’t tried it, you should!

image

5. Roll the sushi with the bamboo mat, making some pressure to the filling with your fingers to stop it from moving.

image

6. Squeeze well. Roll it a bit further and squeeze again.

image

image

7. Ready to be cut! Wet the knife and cut them in half. Then, put both halves together and cut twice to get 6 makis.

image

image

image

And we’ve got our makis ready.

They can be both sweet or salty. The nutella ones are delicious! 🙂

EBI NIGIRI

image

EBI NIGIRI step by step preparation:

To prepare this type of sushi, we need prawns and a sushi rice ball.

1. Pinch the prawns with a toothpick, as shown in the picture. Thus, they will remain straight after cooked.

image

2. Boil the prawns for 2 minutes.

3. Take the toothpick out, peel them and open them with a knife, trying not to break them.

4. Form a sushi rice ball, place it between the thumb and the forefinger, and squeeze it a bit. Then, with the other hand forefinger squeeze it on the top.

image

image

5. Add some rice vinegar over the prawn, place it over the rice and squeeze it again between your fingers to make sure is ready and it won’t fall when taking it with the sticks. 😉

image

And now…the best part of all, EAT THEM!!! 😛

**If you loved the recipe and you prepared it, you can leave a comment or send me a picture to include it in the Hall of Fame! You can send your pictures to kukinhas@kukinhas.com

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *