Como preparar arroz para Sushi / How to prepare Sushi rice

Como preparar arroz para Sushi

image

Encántame o sushi!!! E algunha que outra vez aproveito para preparalo na casa. Non é moi complicado, pero iso si, leva o seu tempo. Por iso cando o preparo, fago unha chea del, hihihi. Aínda que tamén pode ser porque como unha chea del… 😉 Como seguramente me levará bastante explicar todo o proceso, aquí poñerei como se prepara o arroz e, noutra entrada, algúns dos distintos tipos de sushi que podemos facer. Imos aló!

Ingredientes:

image

– 500 gr arroz para Sushi
– 8 culleradas vinagre de arroz
– 3 culleradas de azucre
– 2 culleradiñas de sal

Preparación paso a paso:

1. Primeiro temos que “lavar” o arroz ata que a auga xa non saia branca. Unhas 7 ou 8 veces, polo menos.

2. Despois cocémolo. Dependendo da cantidade de arroz, precisaremos máis ou menos auga, e o mesmo pasa co tempo de cocción e o de repouso. Neste caso, coceremos o arroz en 650 ml de auga durante 7 minutos. E deixarémolo 20 minutos en repouso.

image

3. Mentres, prepararemos o vinagre. Nunha cunca, vertemos as 8 culleradas de vinagre de arroz xunto coas de azucre e as de sal, mesturando ben ata que estea todo ben disolto.

image

4. Cando o arroz xa estea listo, poñerémolo nun molde amplo para que arrefríe. E a continuación, iremos mollando o arroz coa mestura de vinagre, remexendo ben e procurando que todo o arroz colla o sabor do vinagre.

image

Agora só hai que agardar a que arrefríe por completo…e listo! 🙂

_________________________________________________

How to prepare Sushi rice

image

I love sushi!!! And I sometimes prepare it at home. It’s not veeery complicated, but you will need time! That’s why I usually prepare lots of them…or maybe it’s because I eat lots of them…? Anyway, as this is a process a little bit long to explain, I will write here how to prepare the rice, and in the following post we will see how to prepare different types of sushi! Let’s go!

Ingredients:

image

– 500 gr Sushi rice
– 8 tablespoons rice vinegar
– 3 tablespoons sugar
– 2 teaspoons salt

Step by step preparation:

1. First, wash the rice until water is transparent (not white). At least, 7 or 8 times.

2. Then, we will boil the rice. Depending on the quantity of rice, the cooking time will vary. In this case, cook it in 650 ml water for 7 minutes, and let it stand for 20 minutes more.

image

3. To prepare the vinegar, mix the rice vinegar together with the salt and the sugar until they well combined.

image

4. When rice is ready, put it in a large bowl and allow to cool. Then, add the vinegar mixture, mixing reeeally well until all the rice has a vinegar flavour.

image

Let it cool until completely cold and…that’s it! 🙂

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *