Receita rápida: Hummus / Quick recipe: Hummus

Hummus

image

Unha receita de Hummus moi sinxela. Sen complicarse demasiado cos ingredientes e que está moi boa! Non é a receita tradicional, posto que non empregaremos nin tahini nin limón, pero engadirémoslle curry para darlle un toque especial, que lle dará un gusto estupendo! 🙂 Imos aló!

Ingredientes:

– 100 gramos de garavanzos (a remollo do día anterior)
– especias varias (podedes empregar as vosas preferidas)
– curry ao gusto
– sal
– 2 allos
– aceite de oliva virxe extra
– pementón

Preparación paso a paso:

1. Cocemos os garavanzos durante unha hora.

2. Batémolos coa batedora xunto cun chisco de auga de cocer e os dous allos. Iremos engadindo auga segundo precisemos, deberá quedar cunha consistencia similar á do puré de patacas.

image

3. Engadimos as especias e o curry e mesturamos moi ben de novo.

4. Para presentalo, faremos un oco no medio do hummus, e engadimos o aceite de oliva virxe extra e o pementón. E listo!

image

Para degustalo, está moi bo sobre unha tosta de pan. Bo proveito!!!

**Se vos gustou a receita e a preparades, non vos esquezades de comentar ou sacarlle unha fotiño para poñela no Salón da Fama! Podedes enviar as vosas fotografías a kukinhas@kukinhas.com

_____________________________________________________

Hummus

image

A simple and easy Hummus recipe. Although not the traditional recipe because we won’t be using neither lemon nor tahini, the flavour is absolutely tasty! We will use different spices and a touch of curry. Let’s go!

Ingredients:

– 100 gr chickpeas (soak overnight)
– different spices (you can use your favourite ones)
– curry (at your choice)
– salt
– 2 garlic cloves
– extra virgin olive oil
– paprika

Step by step preparation:

1. Boil the chickpeas for an hour.

2. Combine the chickpeas with some water we used to boil in a blender. Add the 2 garlic cloves and combine again. You can add water bit by bit until you get a mashed potato texture.

image

3. Add the spices and some curry and mix again.

4. Place in a plate and make a well in the middle, add some olive oil and spread some paprika on top. And that’s it!

image

You can taste it on top of toasted bread, it’s really good! Enjoy!!!

**If you loved the recipe and you prepared it, you can leave a comment or send me a picture to include it in the Hall of Fame! You can send your pictures to kukinhas@kukinhas.com

One Comment

  1. Pingback: Hummus, receita de Oriente próximo a base de garavanzos

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.