Tortilla de pan / Bread omelette

Tortilla de pan

image

Hoxe traiovos unha receita de Pascua. Póñovola por adiantado para que teñades todo preparado e a fagades. Pensando nunha lambonada típica galega de Pascua, recordei que miña avoa me tiña contado que ela sempre facía tortilla de pan o Domingo de Pascua. Ás veces, se se podía, tamén se facía para comer tortilla de pataca, e a tortilla de pan tomábase de postre. É unha lambonada ben sinxela e moi saborosa. Así que non hai excusa! Deixade un pouco pan duro para preparar esta saborosa tortilla.

Ingredientes:

– 170 gramos de pan duro (xa sen a codia)
– uns 250 ml de leite
– 4 ovos
– 1 cullerada de azucre
– un pouco de azucre para esparexer por riba

*Estas foron as cantidades que me sairon a min, pero podédelas variar dependendo do pan duro que teñades.

Preparación paso a paso:

1. Sacámoslle a codia ao pan e esmiolámolo. Eu prefiro facelo a man para que non quede fino de máis.

image

2. Mesturamos o leite coa cullerada de azucre e imos mesturando o leite pouco a pouco co miolo ata que estea ben empapado, pero sen que nos quede leite de máis. Deixámolo repousar ata que estea todo o pan brandiño, mesturándoo de cando en cando.

image

3. Cando xa estea todo o pan brandiño. Batemos os ovos e mesturamos todo. Se vedes que agora hai moito leite, podemos escoalo antes de mesturalo cos ovos.

image

image

4. Poñemos unha tixola ao lume cunha cullerada de aceite. Cando estea ben quente, engadimos a mestura, baixámoslle o lume e deixamos que o ovo vaia callando lentamente.

Non apura tanto como a tortilla de patacas, e hai que deixar que se vaia facendo a lume lento.

Ao principio, non quedará unida nin uniforme, pero despois de íla virando unhas cantas veces, veredes que queda perfecta.

5. Deixámola no prato e esparexemos azucre por riba. E a comer!!!

image

Está saborosísima tanto quente coma fría. Bo proveito 🙂

**Se vos gustou a receita e a preparades, non vos esquezades de comentar ou sacarlle unha fotiño para poñela no Salón da Fama! Podedes enviar as vosas fotografías a kukinhas@kukinhas.com

____________________________________________________

Bread omelette

image

Today, I have for you this Easter recipe. I now it’s soon, but I want you to have everything ready to prepare it! Thinking about a typical Galician Easter recipe, I remember when my granny told me that on Easter Sunday, she prepared a bread omelette. If they could, they also prepared a potatoes omelette, and as a dessert, a bread omelette. It’s very easy to prepare, so keep some stale bread to prepare this delicous bread omelette.

Ingredients:

– 170 gr stale bread (with no crust)
– about 250 ml milk
– 4 eggs
– 1 tablespoon sugar
– a bit of sugar to spread on top of the omelette

*These quantities were the ones I used, but ypu can change them depending on the bread you have.

Step by step preparation:

1. Take out the bread crust and crumble it. I prefer doing it with my hands.

image

2. Mix the milk and the sugar, and pour it over the bread bit by bit, until soaked, though not in excess. Let it set, stirring from time to time until the bread is soft.

image

3. When the bread is soft, beat the eggs and add them to the mixture. If you see some extra milk, you can sift it before adding the eggs.

image

image

4. Heat a pan with a teaspoon of oil, add the omelette mixture, and in a low-medium heat, let the egg settle slowly.

It’s not as quick as the usual potatoes omelette, so be patient! It will end up well, but you need to toss it more than a couple of times for it to settle and be perfect.

5. Put it on a dish and spread some sugar on top. Let’s it!

image

It’s delicious either hot or cold. Enjoy!!! 🙂

**If you loved the recipe and you prepared it, you can leave a comment or send me a picture to include it in the Hall of Fame! You can send your pictures to kukinhas@kukinhas.com

2 thoughts on “Tortilla de pan / Bread omelette

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *