Boliños preñados caseiros / Home-made chorizo rolls

Boliños preñados caseiros

image

Da outra vez que fixen os boliños foi porque, aproveitando que fixen o pan, decidín meter un chouriciño en dous anacos do pan, pero tiña pendente dende aquela facer uns boliños preñados como teñen que ser! Para ser a primeira vez que experimento, estou máis que contenta co resultado. Con dicirvos que fixen 8, e no que pasaron unhas horas, só quedaban 3…xa vos digo todo! Así que se vos gustan os boliños preñados, collede papel e boli (ou móbil), apuntade os ingredientes e a poñerse mans á masa! Continue reading “Boliños preñados caseiros / Home-made chorizo rolls”

Cociñando con kukinhas / Cooking with kukinhas

Cociñando con kukinhas

image

Hoxe traiovos unha entrada diferente. Unha entrada para dárvolas grazas e para ensinar as fotografías que me enviades das receitas de kukinhas!

Faime moitísima ilusión que probedes, experimentedes e dediquedes un anaco do voso tempo a facer algunha das miñas receitas! E ademáis, quédanvos xeniais!!! Continue reading “Cociñando con kukinhas / Cooking with kukinhas”

Cangrexos de chocolate / Chocolate croissants

Cangrexos de chocolate

cangrexo

Unha receita moi rápida, sinxela e que ademáis dá un resultado xenial. Non saben como os da pastelaría, porque a masa non é a mesma, pero pódennos sacar dun apuriño e ter un postre saboroso nun intre! O do nome é porque, sempre que os vexo, a min parécenseme a cangrexos (ou caranguexos), así que aí lle vai o nome! 😉 Imos ver como se fan! Continue reading “Cangrexos de chocolate / Chocolate croissants”

Como preparar sushi / How to prepare sushi

Como preparar sushi

image

Agora que xa temos o arroz listo, queda o máis divertido, preparar os distintos tipos de sushi. Os meus preferidos son os maki, os que levan a alga nori por fora, e en canto aos recheos…imaxinación ao poder! Imos ver como se fai paso a paso! Continue reading “Como preparar sushi / How to prepare sushi”

Como preparar arroz para Sushi / How to prepare Sushi rice

Como preparar arroz para Sushi

image

Encántame o sushi!!! E algunha que outra vez aproveito para preparalo na casa. Non é moi complicado, pero iso si, leva o seu tempo. Por iso cando o preparo, fago unha chea del, hihihi. Aínda que tamén pode ser porque como unha chea del… 😉 Como seguramente me levará bastante explicar todo o proceso, aquí poñerei como se prepara o arroz e, noutra entrada, algúns dos distintos tipos de sushi que podemos facer. Imos aló! Continue reading “Como preparar arroz para Sushi / How to prepare Sushi rice”

Flan de ovos caseiro / Homemade crème caramel

Flan de ovos caseiro

image

Que bo está o flan de ovos e que poucos ingredientes fan falla para que saia ben saboroso! Unha larpeirada lixeira, moi sinxela e que triunfará entre todos os lambonciñxs da casa. Imos ver como se fai! Continue reading “Flan de ovos caseiro / Homemade crème caramel”