Torta de queixo ao forno / Baked cheesecake

Torta de queixo ao forno

image

Rebuscando nas receitas que andan pola casa, desas que che dá alguén nun pequeno anaco de papel, atopei esta receita de torta de queixo ao forno. Non sabía moi ben como sairía, aínda que polos ingredientes podía intuir que ía estar de medo! E así foi!!! Ademáis, é unha das tortas de queixo máis sinxela de facer! Xa veredes! Imos aló!

Ingredientes:

image

– 6 ovos
– 2 iogures naturais
– 2 medidas de iogur de nata
– 2 medidas de iogur de azucre
– 2 medidas de iogur de fariña
– 5 queixiños
– manteiga (para o molde)

Preparación paso a paso:

1. Mesturamos tódolos ingredientes coa batedora.

image

2. Cubrimos un molde de apertura lateral con papel de aluminio e engraxámolo con manteiga.

3. Vertemos a mestura no molde e deixámola no forno a uns 180°C durante uns 45 minutos ou ata que os bordes collan unha cor marrón e o medio unha cor amarela. (Non vos preocupedes se medra moito, despois baixará de novo e quedará uniforme).

image

E listo! Deixarémola arrefriar antes de desmoldala e irémonos preparando para botarlle o dente! 😛

image

**Se vos gustou a receita e a preparades, non vos esquezades de comentar ou sacarlle unha fotiño para poñela no Salón da Fama! Podedes enviar as vosas fotografías a kukinhas@kukinhas.com

_______________________________________________________

Baked cheesecake

image

Rummaging around recipes at home, I found one of those recipes someone gave you in a little piece of paper, and it was this fantastic baked cheesecake recipe. I didn’t actually know what the result would be, but knowing the ingredients, I knew it couldn’t be bad! And it was reeeally good and tasty! Besides, it’s one of the easiest baked cheescake recipes ever!!! You’ll see! Let’s go!

Ingredients:

image

– 6 eggs
– 2 natural yoghurts
– 2 yoghurt measures of cream
– 2 yoghurt measures of sugar
– 2 yoghurt measures of flour
– 5 cheese wedges
– butter (for the mould)

Step by step preparation:

1. Combine all the ingredients using a blender.

image

2. Cover a spring form mould with foil paper and spread some butter over it.

3. Pour in the mixture and bake it at 180°C/350°F for around 45 minutes or until the edges are dark brown and the middle light yellow. (Don’t worry if it grows too much, it will go down and end up uniform afterwards).

image

And that’s it! Let it cool before taking it out of the mould and get ready to eat it and to enjoy it! 😛

image

**If you loved the recipe and you prepared it, you can leave a comment or send me a picture to include it in the Hall of Fame! You can send your pictures to kukinhas@kukinhas.com

4 thoughts on “Torta de queixo ao forno / Baked cheesecake

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *