Lasaña de polo, cabaciño e queixo de Arzúa / Chicken, zucchini and Arzúa cheese lasagna

Lasaña de polo, cabaciño e queixo de Arzúa

image

Unha receita saborosa, sinxela e rápida de facer! Perfecta para repoñer forzas despois de tanta larpeirada! 😉 Desta vez, para facer a lasaña, empreguei unha pasta especial de lasaña con sabor a tomate, e resultou estar moi boa! (Merqueina nun hiper ben coñecido no que andaban a celebrar algo así como a semana dos produtos europeos.) Ademáis, o cabaciño dalle un toque moi suave e fresco. Imos ver como se prepara!

Ingredientes para 2 persoas:

– 200 gramos de peituga de polo
– prebe de tomate
– 1/2 cebola grande (ou 1 pequena)
– 1/2 cabaciño
– 4 placas de lasaña (4, porque estas son moi grandes)
– bechamel
– queixo de Arzúa Ulloa

Preparación paso a paso:

1. Picamos as peitugas de polo, fritímolas xunto coa cebola e engadimos prebe de tomate ao gusto. Reservamos.

image

2. Por outra banda, cortamos o cabaciño en tiras anchas e fritímolo ata que estea douradiño.

image

3. Botamos un chisco de tomate na base do molde onde faremos a lasaña. E engadimos a primeira placa. (Neste caso, previamente húmida, pois xa eran precocidas)

image

4. Engadimos a carne e unhas tiras de cabaciño.

image

5. Poñeremos a seguinte capa, alternando co polo e o cabaciño ata rematar a lasaña.

image

6. Preparamos a bechamel e botámola por riba.

7. Como o queixo de Arzúa é tan cremoso e resulta ben difícil relalo, faremos unhas boliñas que repartiremos pola parte superior da lasaña. (Cando estean no forno desfaranse e quedarán…mmm…deliciosas!)

image

image

8. Deixaremos a lasaña no forno ata que ferva a bechamel e o queixo quede douradiño. E listo!

image

Bo proveito! 😛

**Se vos gustou a receita e a preparades, non vos esquezades de comentar ou sacarlle unha fotiño para poñela no Salón da Fama! Podedes enviar as vosas fotografías a kukinhas@kukinhas.com

______________________________________________

Chicken, zucchini and Arzúa cheese lasagna

image

A quick, tasty and easy recipe! (My favourite ones!) In this case, I used tomato lasagna noodles and the result was excellent! If you happen to see them at the supermarket, try them! The zucchini will give this lasagna a fresh and juicy touch! Let’s see how to do it!

Ingredients for 2:

– 200 chicken breast
– tomato sauce
– 1/2 big onion (1 little)
– 1/2 zucchini
– 4 lasagna noodles (these were quite big!)
– white sauce
– Arzúa Ulloa cheese

Step by step preparation:

1. Chop the chicken breasts, fry them together with the onion. Add some tomato sauce.

image

2. Cut the zucchini in big strips and fry it until slightly golden brown.

image

3. Pour some tomato sauce over the lasagna mould and add the first lasagna noodle. (This did not need to be boiled, but that depends on the brand)

image

4. Add the chicken and the zucchini, as in the picture.

image

5. And continue to do so until the lasagna is ready.

image

6. Prepare the white sauce and pour it over the lasagna.

7. As Arzúa Ulloa cheese is veeery creamy, it’s quite difficult to grate, so we will form little balls and put them on top. Then, in the oven, they will melt and they’ll be…mmm…delicious!)

image

image

8. Bake the lasagna until the white sauce boils and the cheese becomes golden brown. And that’s it!

image

Enjoy it! 😛

**If you loved the recipe and you prepared it, you can leave a comment or send me a picture to include it in the Hall of Fame! You can send your pictures to kukinhas@kukinhas.com

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *